Introdución de datos e visualización dos resultados enviados

Introdución de datos no formulario

O usuario que vai introducir os datos no formulario verá a seguinte pantalla:

gotoform

Deberá premer en "Go to form" para acceder propiamente aos campos do cuestionario:

cuestionario en branco

O usuario introduce a información e fai click en "Enviar".

Mensaxe de volta

No caso de usuarios autenticados, é posible observar os envíos (submissions) realizados con anterioridade

 Formulario xa enviado

Visualización dos datos do formulario

Unha vez introducidos os datos no cuestionario, o usuario cos permisos pertinentes terá acceso á información introducida en diferentes formatos

Envíos (Submissions) Análise (Analysis)
submissions Análise
Táboa Descargar
táboa descarga

Restricións nos envíos dos formularios

No apartado anterior vimos como os usuarios anónimos podían enviar formularios, un aspecto que normalmente non será desexable ben pola posible inundación de envíos no noso sitio web mediante ataques automatizados, ben pola introdución de datos que non sexan de interese por usuarios descoñecidos.

Por outra banda, vimos como un mesmo usuario pode realizar varios envíos para un mesmo formulario, aspecto que pode interesar restrinxir a un único intento.

Este tipo de restricións pode establecerse desde a opción "Axustes do formulario", como se pode ver na seguinte imaxe.

axustedo formulario

Restricións no envío dos formularios en función do rol: Pódese observar na imaxe adxunta que todos os usuarios do sitio poden realizar envíos. Para restrinxir o envío aos usuarios anónimos simplemente habería que desmarcar "usuario/a anónimo/a" e gardar a configuración.

roles-formulario

Restricións no número de envíos para cada usuario:

  • Total submissions limit: Pódese impoñer un número ilimitado de envíos o un número limitado, de xeito que unha vez alcanzado non se poidan realizar novos envíos, con independencia do usuario que os faga.
  • Per user submission limit: Pose ser ilimitado ou limitado (Para permitir unicamente un envío, especificar "Limit to 1 total submissions"
  • Status of this form: Permite abrir/pechar o formulario para a recepción de envíos.

formato de entrada formulario

Última modificación: Venres, 17 de Febreiro de 2017, 20:00