Programar a publicación / despublicación dun contido (para administradores)

O módulo scheduler

En ocasións pode resultar útil deixar programada a publicación automática dun determinado contido con certa antelación. Esta situación é típica cando o contido xa está listo para publicar, pero non interesa que se faga visible ata unha determinada data.

Do mesmo xeito, é posible programar a despublicación de xeito automático de determinados contidos unha vez transcorrido un determinado tempo desde a súa publicación. Esta opción é moi recomendable para impedir a acumulación de contidos obsoletos ou que xa non aportan información de utilidade no noso sitio web.

Este tipo de accións son posibles grazas ao módulo "scheduler". Este módulo ven activado por defecto na configuración inicial dos sitios web do proxecto Webs Dinámicas. En calquera caso, sempre é posible comprobar a súa activación na ruta Administrar > Construción da páxina > Módulos.

Para o emprego do módulo scheduler debemos ter en conta dúas cuestións:

  • Asignar os permisos correspondentes aos diferentes roles na ruta: Administrar > Xestión de usuarios > Permisos
    • Administer scheduler: permite configurar as opcións do módulo. É recomendable que unicamente o rol administrador teña activo este permiso.
    • Schedule (un) publishing of nodes: marcaranse todos os roles que poderán facer uso deste módulo. (Unha opción é marcar o rol usuario autenticado, de xeito que todos os usuarios agás os anónimos poderán empregar o módulo).

scheduler permisos rol

  • Especificar a opción de empregar o módulo scheduler como opción predeterminada para cada un dos diferentes tipos de contido na ruta Administrar > Administración do contido > Tipos de contido.  A seguinte imaxe amosa as opcións por defecto do apartado "Scheduler Settings" para un contido de tipo páxina:

opcións por defecto scheduler

Con esta configuración, non é posible planificar a publicación automática de contidos. Será preciso marcar como mínimo as opcións:

    • "Enable scheduled publishing": Habilita a posibilidade de planificar a publicación dun contido.
    • "Enabled scheduled unpublishing": Habilita a posibilidade de programar a despublicación dun contido.

Outras opcións interesentes son:

    • "Publishing date / time is required": fai obrigatorio establecer unha data de publicación para un contido.
    • "Unpublishing date / time is required": fai obrigatorio establecer unha data de despublicación para un contido.
    • "Alter published on time": permite establecer como data do contido en "Información do autor" a data na que o contido pasa a ser visible en lugar da data propia de creación do contido.

configuración scheduler

Creación dun contido tipo páxina: scheduling options

Especifícase a data de publicación e despublicación do contido. Debemos ser coidadosos co formato da data / hora. A seguinte imaxe amosa unha configuración que fará visible o contido todo o mes de abril de 2017.

scheduling options

O cron como lanzador do módulo scheduler

Debemos ter en conta que a data/hora que se especifica nas "Scheduling Options" non implica que a publicación / despublicación dos contidos vaia ter lugar nese momento exacto. Na práctica terá lugar cando se lance o cron, que é un planificador de tarefas integrado dentro do propio Drupal.

Debemos ter en conta que o cron se executa automaticamente unha vez cada 24 horas. Concretamente, todas as noites de madrugada.

En calquera caso sempre é posible lanzar o cron de xeito manual en calquera outro momento, a través do menú Administrar > Informes > Informes de estado, facendo click na opción "You can run cron manually". Nesta mesma pantalla tamén é posible ver o tempo transcorrido desde a última vez que se executou o cron.

cron manual

Configuración do módulo scheduler

Pódense configurar aspectos específicos do scheduler na ruta Administrar > Configuración do sitio > Scheduler module settings. Entre as opcións máis salientables:

  • Cambiar o formato da data / hora
  • Lanzar un cron específico para o módulo scheduler

Recoméndase non cambiar a configuración por defecto.

Última modificación: Xoves, 23 de Febreiro de 2017, 11:07