Inserir un arquivo de audio mp3

Inserir un arquivo de audio mp3

Neste apartado explicarase como inserir nun contido un arquivo de son mp3, formato de audio de uso moi extendido na web na actualidade.

Se ben existen varios xeitos de facelo, o método recomendado é mediante o emprego das etiquetas <audio ...> </audio>  de HTML 5. O navegador interpretará estas etiquetas e amosará un reproductor de audio na nosa páxina cos controis correspondentes.

O xeito de facelo sería o seguinte:

  • Engadir o ficheiro mp3 de audio como ficheiro adxunto ao noso contido.
  • Copiar no portapapeis a ruta URL do arquivo unha vez subido ao noso sitio web.
  • Desactivar o texto enriquecido e pegar o seguinte código, substituíndo o texto en vermello "PEGAR-A-RUTA-ANTERIOR" pola ruta URL do paso anterior:

<div align="center"><audio id="player" controls="true"> <source src="PEGAR-A-RUTA-ANTERIOR" type="audio/mpeg"></source> </audio></div>

  • Gardar os cambios

Podes ver un exemplo a continuación de como quedaría co seguinte código:

Última modificación: Venres, 10 de Decembro de 2021, 12:31