Formatos

Formato de caracteres e parágrafos

Cando creamos un texto, é necesario darlle o formato máis apropiado as nosas nesesidades. Para elo imos a ver as diferentes posibilidades que nos ofrece este enriquecedor de texto. Como xa dixemos, convén non "abusar" dos estilos e facer os nosos contidos demasiado cargados.

Grosa

Grosa: Estilo tipográfico no que os caracteres teñen un trazo máis groso.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

Cursiva

Cursiva: Estilo tipográfico na que os caracteres teñen un aspecto inclinado.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

Suliñado

Suliñado: Estilo tipográfico consistente en poñer una raia debaixo da palabra para destacala do resto.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

Esquerda Aliñación á esquerda: Atributo que aliña o texto á esquerda.
Centro Aliñación ó centro: Atributo que aliña o texto ó centro.
Dereita Aliñación á dereita: Atributo que aliña o texto á dereita.
Xustificada Aliñación xustificada: Atributo que axusta o texto de dereita e esquerda, equilibrando os espazos entre palabras.
Lista por puntos Lista por puntos (Viñetas): Atributo baseado en sangría francesa que permite listar o texto por puntos.
Lista ordenada Numeración: Atributo baseado na sangría francesa que permite listar o texto por categorías.
Sangría esquerda Sangría á esquerda: Permite desprazar o texto hacia a esquerda.
Sandría dereita Sangría á dereita: Permite desprazar o texto hacia a dereita.
Desfacer Desfacer: Permite desfacer a operación realizada, reconstruindo o anterior.
Refacer Refacer: Permite refacer a operación realizada anteriormente.
Cor de texto

Cor de texto: Permite escoller unha cor diferente para aplicar ao texto.

Exemplo: cor de texto personalizada.

Paleta de cores

Para seleccionar unha cor de texto diferente hai que premer sobre a icona anterior e aparecerá unha paleta de cores. Pincharemos sobre a cor desexada e listo.

Tipo de fonte

Neste combo poderemos elexir o tipo de fonte máis axeitado. Esta opción non ven activada por defecto, teríamos que falar cun administrador do sitio web para activala.
Tamaño do texto Neste combo podemos elexir o tamaño do texto.

Formato

Neste combo poderemos seleccionar os diferentes estilos de parágrafos .

Os estilos de parágrafos que temos son os seguintes:

  • Párrafo
  • Enderezo
  • Pre-formateado
  • Encabezamento 2
  • Encabezamento 3
  • Encabezamento 4
  • Encabezamento 5
  • Encabezamento 6
  • Div

Para aplicar estes formatos aos parágrafos, non é necesario que teñamos seleccionado ningún texto, tan só debemos ter o cursor situado no parágrafo ao cal lle queremos aplicar o estilo seleccionado.

Convén ter en conta que estes diferentes formatos van moi ligados ao tema (plantilla) que se esté a empregar no espazo Drupal, xa que dependendo do tema estes estilos poden verse dunha ou doutra forma.

A continuación amosamos algunhas imaxes dos mesmos textos cos mesmos estilos aplicados pero vistos con diferentes temas. Observarase que nalgúns casos, dentro do mesmo tema, non se aprecian diferencias entre os diferentes estilos de encabezados, por exemplo:

Formato de parágrafo

Formato de parágrafo

A continuación presentamos unha imaxe de exemplo con algúns formatos de caracteres aplicados:

Exemplos de formato de caracteres

Última modificación: Martes, 14 de Febreiro de 2017, 11:22