Artigo do blogue

Artigo do blogue

Un blog é unha especie de diario actualizado regularmente e composto de envíos individuais que se mostran en orde cronolóxico inverso. Un blog está estreitamente ligado ó seu autor, polo que cada usuario ten o seu propio blog.

Para crear un contido tipo blog deberemos entrar na Web como usuario autenticado e desde o menú do usuario premeremos sobre o enlace 'Crear contido > Artigo do blogue'.

Lembramos que este tipo de contido non está dispoñible inicialmente para os usuarios. Só poderemos crear entradas no noso blog se o equipo de administradores da Web nos otorgan ese permiso.

A creación e publicación en blogs dentro da web do centro está documentada noutro curso independente dentro da aula aberta de websdinámicas. Para coñecer con mais detalle o funcionamento dos blogs se debe consultar dito curso http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual

Aqui nos limitaremos a explicar un pouco por riba o funcionamento deste tipo de contido.

Artigo do blog

A edición dun contido tipo blog é semellante á dun contido tipo páxina ou historia, vistos anteriormente.

Última modificación: Mércores, 15 de Febreiro de 2017, 16:44