Libro

Libro

Un libro é un esforzo colaborativo de escritura: os usuarios poden colaborar escribindo as páxinas do libro, o posicionamento das páxinas na orde correcta e revisar ou modificar as páxinas escritas anteriormente. Así cando vostede teña algunha información para compartir ou cando vostede lee unha páxina do libro e non lle gustou, ou si cree que unha páxina determinada podería escribirse mellor, pode facer algo ao respecto.

Para crear un contido tipo libro deberemos entrar na Web como usuario autenticado e desde o menú do usuario premeremos sobre o enlace 'Crear contido > Páxina de libro'.

Lembramos que este tipo de contido non está dispoñible inicialmente para os usuarios. Só poderemos crear libros se o equipo de administradores da Web nos otorgan ese permiso. Estes permisos poderían ser desde crear novos libros e editar as súas páxinas (calquera que fora o usuario creador) ou só crear páxinas de libros xa creados previamente, podendo editar só as páxinas creadas polo propio usuario.

Páxina de libro

Para crear o libro debemos poñerlle un 'Título' e elixiremos o apartado do menú donde colgaremos esta primeira páxina do libro.

A primeira páxina dun novo libro será título e portada de dito libro.

Unha vez creada e gardada esta primeira páxina (portada) podemos comenzar a crear as páxinas fillas do libro desde a opción 'Engadir páxina descendente'.

Engadir unha páxina filla

Importante suliñar que as novas páxinas fillas van colgar da primeira páxina do libro (capítulos) ou doutra páxina do libro (subcapítulos) segundo onde as creemos.

É dicir, se fago as páxinas fillas como capítulos do libro tereinas que facer todas como fillas da páxina portada. Así tamén se vai xerando o índice do libro.

Nembargantes, se creo unha páxina filla a partir dun dos capítulos, o que estarei facendo será un subcapítulo. Así poderei ir creando a estrutura que desexa aos meus libros.

A orde das páxinas ou capítulos ven dada polo peso de cada páxina. Se todas teñen o mesmo peso vanse ordenar alfabeticamente, polo que poderiamos poñer 01-Xxx, 02-Xxx,... e así sairían coa orde elixida.

Última modificación: Martes, 14 de Febreiro de 2017, 11:01