O menú de navegación

O menú de navegación

Dentro do menú do usuario tamén podemos atopar un enlace que pon: Crear contido. Premendo sobre este enlace accederemos a unha páxina onde se listan os tipos de contidos podemos empregar.

Os tipos de contidos que aparecen por defecto son os seguintes:

  • Páxina de libro (book pages): Un libro é un esforzo colaborativo de escritura: os usuarios poden colaborar escribindo as páxinas do libro, ubicando as páxinas no sitio correcto, e revisando ou modificando as páxinas escritas anteriormente.
  • Evento: Un evento é unha historia á que se lle pode dar unha data de inicio e unha data de finalización, para que deste modo apareza no calendario de eventos.
  • Historia: As historias son artigos na súa forma máis sinxela: teñen un título, un subtítulo e un corpo, aínda que outros módulos poden extendelo. O subtítulo tamén é parte do corpo. As historias pódense empregar como bitácora persoal ou para artigos de noticias.
  • Imaxe: Este tipo de contido permite subir unha imaxe á web, de forma que nos vai a crear unha miniatura da imaxe orixinal e permite introducir un texto descriptivo da mesma. Unha vez publicada a imaxe, o visitante poderá ver a miniatura da imaxe así como a descripción e premendo sobre esta miniatura poderá acceder á imaxe orixinal.
  • Páxina: Este tipo de contido é o máis apropiado para a creación dos nosos contidos, onde podemos publicar unha cantidade máis extensa de información.
  • Webform: Crea un novo formulario ou cuestionario accesible para os usuarios. Os resultados do envío e as estatísticas quedan recollidas e acesibles segundo os privilexios dos usuarios.

Existen outros tipos de contidos que de partida non estarán dispoñibles para o usuario do espazo Web, a non ser que o administrador do centro lle outorgue permisos para poder crealos. Estes outros tipos de contido son:

  • Artigo do blogue: Un blogue é unha especie de diario actualizado regularmente e composto de envíos individuais que se mostran en orde cronolóxico inverso. Un blogue está estreitamente ligado ó seu autor, polo que cada usuario ten o seu propio blogue.

Na práctica, os tipos Páxina de libro, Historia e Páxina son idénticos (en versións anteriores do Drupal existian certas diferencias entre eles), polo que a nosa recomendación é empregar o tipo Páxina.

Última modificación: Martes, 14 de Febreiro de 2017, 10:35