3.1. Matricular alumnos no curso

Moodle proporciona varios métodos para matricular alumnos no curso: matriculación manual, auto-matriculación, matriculación por círculos, matriculación dende un acceso como convidado, matriculación dende unha base de datos externa, matriculación dende un ficheiro de texo plano, ... etc.

No presente curso centrámonos únicamente no tipo de matriculación manual.

En primeiro lugar debemos situarnos dentro do curso correspondente e veremos como no bloque Administración aparece a opción de "Usuarios matriculados" (imaxe 3.1.1). Concretamente esta opción aparece na seguinte ruta de menús "Administración do curso -> Usuarios -> Usuarios matriculados".

Despois de pulsar sobre o menú anterior, Moodle mostrará unha pantalla onde nos presenta o botón "Matricular usuarios" na esquina superior dereita desta pantalla.

No caso de que xa exista algún usuario matriculado no curso, éste aparecerá no listado que mostra esta mesma pantalla.

Moodle considera como usuarios matriculados no curso a todos os usuarios que participan no propio curso asumindo algún rol: alumno, profesor, convidado, xestor, ... etc. Polo tanto, nun curso non só podemos matricular usuarios con rol de alumno, senón que podemos matricular usuarios que asuman calquera dos roles dispoñibles para ese curso.

Usuarios matriculados
Imaxe 3.1.1 Usuarios matriculados

O procedemento para matricular alumnos no curso (imaxe 3.1.2), usando o método de matrícula manual, será o seguinte:

  1. Situámonos dentro do curso correspondente, para que se active o menú de Administración do curso no bloque Administración.
  2. Seleccionar o menú "Administración do curso -> Usuarios -> Usuarios matriculados".
  3. Na nova pantalla que aparece, pulsar o botón "Matricular usuarios" que se mostra na esquina superior dereita.
  4. Aparece unha nova ventá emerxente onde debemos seleccionar "Alumno" no desplegable "Asignar roles". A continuación, pulsaremos o botón "Matricularse" que corresponda aos alumnos que queremos matricular no noso curso.
  5. Finalmente, pulsamos o botón "Rematar a matriculación de usuarios"

Matricular usuarios
Imaxe 3.1.2 Matricular usuarios

Última modificación: Domingo, 31 de Xullo de 2016, 19:23