2.3. Que é o meu perfil e para que serve

Cada usuario de Moodle dispón de dous menús:

  • O meu perfil, para ver os seus datos persoais e mensaxes publicadas
  • Configuración do meu perfil, para editar os seus datos e realizar outros axustes.

O meu perfil

O meu perfil
Imaxe 2.4.1 Bloque "Navegación"

Pódese acceder ao perfil persoal, tanto dende o bloque navegación como dende o menú do usuario da esquina superior dereita da pantalla.

Esta opción permite ao usuario revisar os seus datos, mensaxes, ficheiros privados e distincións a través das seguintes opcións:

  • Dende a opción “Ver perfil” o usuario pode revisar a información visible por outros usuarios cos que comparte cursos.
  • Comentarios do foro” facilita un acceso rápido a todas as mensaxes publicadas polo usuario nos foros dos seus cursos.
    Esta opción permite amosar:
    • Todos os comentarios (mensaxes) publicados polo usuario (os máis recentes primeiro).
    • As discusións (debates) ou temas iniciados polo usuario.
  • A opción “Comentarios” permite amosar e xestionar os contactos, ben sexa o listado persoal ou o de participantes comúns nun dos cursos (a escoller) aos que acceda o usuario.
    Ao pulsar sobre cada contacto, pódese ver o historial de mensaxes intercambiados con él. Esta opción permite ver tamén os comentarios e notificacións recentes.
  • A opción “Os meus ficheiros privados” permite ao usuario subir ficheiros a un cartafol privado.
    Dende aquí podemos realizar as seguintes accións:
    - crear un novo cartafol [ Crear cartafol ] para poder ter organizados os nosos ficheiros
    - subir ou engadir un novo ficheiro [ Engadir ficheiro ] (sen exceder o límite de tamaño máximo por ficheiro)
    - descargar todo [ Descargar todo ] o contido do cartafol nun ficheiro comprimido .ZIP
  • Por último, “Distincións persoais” (insignias) que permite consultar e gxestionar todas as distincións (insignias) conseguidas na plataforma e incluso ver aquelas que se obtiveron noutros sitios web.

Os meus ficheiros privados
Imaxe 2.4.2 Os meus ficheiros

Configuración do meu perfil

Editar perfil
Imaxe 2.4.3 Bloque "Administración"

Para editar os datos do perfil, no bloque Administración, atópase a opción “Configuración do meu perfil”.


Dispón das seguintes opcións:

  • Editar o perfil”. Permite modificar algúns dos datos do perfil do usuario.
  • Cambiar contrasinal”. Dende esta opción poderás o teu contrasinal de acceso a Moodle.
  • Portafolios”. Se está activada, dende esta opción o usuario pode configurar cales portafolios, dos dispoñibles, quere utilizar para exportar o seu traballo. Dentro desta opción tamén se accede a “Rexistros de transferencias” (transfer logs) que permite ver as últimas transferencias ao portafolio realizadas e o estado actual das incompletas.
  • Mensaxería”. Mostra a forma na que será informado o usuario ante as notificaciones ou mensajes recibidas. As opcións dispoñibles son mediante correo electrónico ou un aviso (notificación emerxente) cando o usuario acceda a Moodle.
  • Distincións” (insignias). Permite configurar a información que se mostra na páxina "Distincións persoais", así como a conexión a un proveedor externo onde aparecen tanto as conseguidas na plataforma como en otros sitios web.

Última modificación: Xoves, 27 de Outubro de 2016, 15:15