Formato de parágrafo

Desde o enriquecedor de texto (TinyMCE) visto no punto anterior, podemos dispoñer dun menú despregable para seleccionar os diferentes estilos de parágrafos que aparecen. Estes estilos son os seguintes:

  • Parágrafo

  • Enderezo
  • Preformateado
  • Encabezado 1

  • Encabezado 2

  • Encabezado 3

  • Encabezado 4

  • Encabezado 5
  • Encabezado 6

Para aplicar estes formatos aos parágrafos, non é necesario que teñamos seleccionado ningún texto, tan só debemos ter o cursos situado no parágrafo ao cal lle queremos aplicar o estilo seleccionado.

Convén ter en conta que estes diferentes formatos van moi ligados ao tema (plantilla) que se esté a empregar no espazo Drupal, xa que dependendo do tema estes estilos poden verse dunha ou doutra forma.

A continuación amosamos algunhas imaxes dos mesmos textos cos mesmos estilos aplicados pero vistos con diferentes temas. Observarase que nalgúns casos, dentro do mesmo tema, non se aprecian diferencias entre os diferentes estilos de encabezados, por exemplo.

Estilos de parágrafos

Estilos de parágrafo

Estilos de parágrafo

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06