Formato de caracteres

Cando creamos un texto, é necesario darlle o formato máis apropiado as nosas nesesidades. Para elo imos a ver as diferentes posibilidades que nos ofrece este enriquecedor de texto. Como xa dixemos, convén non "abusar" dos estilos e facer os nosos contidos demasiado cargados.

GrosaGrosa: Estilo tipográfico no que os caracteres teñen un trazo máis groso.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

CursivaCursiva: Estilo tipográfico na que os caracteres teñen un aspecto inclinado.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

Suliñado Suliñado: Estilo tipográfico consistente en poñer una raia debaixo da

palabra para destacala do resto.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

EsquerdaAliñación á esquerda: Atributo que aliña o texto á esquerda.


CentroAliñación ó centro: Atributo que aliña o texto ó centro.


DereitaAliñación á dereita: Atributo que aliña o texto á dereita.


XustificadaAliñación xustificada: Atributo que axusta o texto de dereita e esquerda,

equilibrando os espazos entre palabras.


Lista por puntosLista por puntos(Viñetas): Atributo baseado en sangría francesa que permite listar o texto por puntos.


Lista ordenadaNumeración: Atributo baseado na sangría francesa que permite listar o texto por categorías.


Sangría esquerdaSangría á esquerda: Permite desprazar o texto hacia a esquerda.


Sandría dereitaSangría á dereita: Permite desprazar o texto hacia a dereita.


DesfacerDesfacer: Permite desfacer a operación realizada, reconstruindo o anterior.


RefacerRefacer: Permite refacer a operación realizada anteriormente.


Cor de textoCor de texto: Permite escoller unha cor diferente para aplicar ao texto.
Exemplo: cor de texto personalizada.

Paleta de cores


Para seleccionar unha cor de texto diferente hai que premer sobre a icona anterior e aparecerá unha paleta de cores. Pincharemos sobre a cor desexada e listo.





Tipo de fonte

Neste combo poderemos elexir o tipo de fonte máis axeitado.


Tamaño de texto

Neste combo podemos elexir o tamaño do texto.


Formato de texto

Neste combo poderemos colocar o texto coas opcións incluídas por defecto. Cada unha delas teñen unha configuración distinta con sangrías, alienacións, tamaño de texto, etc...


A continuación presentamos unha imaxe de exemplo cos algúns destes formatos aplicados.

Exemplos de formato de caracteres

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06