Crear unha ligazón a unha páxina web ou a un arquivo

         O contido dun curso non só se limita ós creados mediante os editores de Moodle. O profesor ten a posibilidade de ligar calquera tipo de arquivo previamente subido, ou calquera páxina web externa con contidos de interese.

Ligar web ou arquivo

Para realizar calquera destas dúas operacións débense seguir los seguintes pasos:

1. Activa-lo "modo edición".

2. Seleccionar "Enlazar un arquivo ou web" no despregable "Agregar recurso".

3. Enche-los campos "Nome" e "Informe".

 

 4. Enche-lo campo "Ubicación". Este é o campo máis importante neste tipo de recurso. Nel temos que escribir ou ben o enderezo web da páxina externa que desexamos ligar, ou ben escoller un arquivo do cartafol de arquivos do curso previamente subido ó mesmo. Se o arquivo non foi aínda subido a Moodle podemos facelo nese mesmo intre.

 5. Unha vez seleccionado o arquivo ou posto o enderezo web, Moodle ofrece opcións acerca do xeito como se amosará o contido. Hai caseliñas coas que determinar se os contidos amosaranse no mesmo marco de Moodle ou nunha xanela nova. Tamén se pode determinar se o usuario poderá redimensionar a xanela emerxente, se poderá desprazala e as súas dimensións iniciais.

6. Por último, podemos decidir, no caso de ter seleccionado ligar unha páxina externa, se queremos pasar algún parámetro relacionado co curso ou co alumno a dita páxina. Isto é útil cando queremos integrar Moodle con outros sistemas ou aplicacións.

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM