Configurando o cuestionario e engadindo preguntas

Despois de feitas as actividades anteriores xa dispoñemos dunha pequena batería de preguntas e podemos afronta-lo reto de crear o noso primeiro cuestionario.

Como xa se dixo, hai duas partes no proceso, a creación do corpo do cuestionario e a selección de preguntas para o mesmo.

Para crea-lo corpo do cuestionario:

1. Activa-lo modo edición se non estivera xa habilitado.

2. Escoller [Cuestionario] do menú despregable [Agregar unha actividade]

3. Na páxina de configuración amosada asignar un nome descriptivo ó cuestionario.

4. Agregar unha descripción da temática común das preguntas que formarán parte do cuestionario.

5. Establece-los parámetros seguintes nos valores desexados.

  • Elixir as datas de comezo e peche entre as que o cuestionario estará accesible para os alumnos.
  • Límite de tempo. Determina o tempo que teñen os alumnos para resolve-lo cuestionario. Ó remate dese tempo o cuestionario é almacenado coas repsotas solucionadas ata ese intre.
  • Barallar preguntas. Permite que as preguntas sexan amosadas ordeadas a eido.
  • Barallar respostas. Permite que as posibles respostas, nas preguntas que as incorporan, sexan amosadas ó chou.
  • Intentos permitidos. Determina o número de intentos permitidos para resolve-lo cuestionario ata o infinito no caso de exercicios con finalidade de autoavaliación.
  • Cada intento se constrúe sobre o anterior. Da a posibilidade ó estudante de visualiza-las respostas que deu no intento anterior.
  • Método de cualificación. Para cuestionarios con múltiples intentos, pódese elixir que a nota almacenada sexa a do primeiro intento, a do último, a anterior ou a media de tódolos intentos.
  • Modo adaptativo.´O activar esta opción permíteselle ó estudiante responder varias veces a unha pregunta do cuestionario en caso de que a primeira sexa incorrecta. Cando iso ocorre a cualifación aplicaráselle un factor de penalización que se determina ó edita-la pregunta. Iste modo permite, a maiores, que a pregunta que se lle prantexa ó estudante despois dun fallo dependa da resposta incorrecta dada anteriormente.
  • Modo adaptativo.´O activar esta opción permíteselle ó estudante responder varias veces a unha pregunta do cuestionario en caso de que a primeira sexa incorrecta. Cando iso ocorre a cualificación aplicaráselle un factor de penalización que se determina ó edita-la pregunta. Este modo permite, a maiores, que a pregunta que se lle prantexa ó estudante despois dun fallo dependa da resposta incorrecta dada anteriormente.
  • Puntos decimais. Determina o número de decimais da cualificación do cuestionario.
O facer clic en [gardar cambios] estamos en disposición de engadir preguntas. A pantalla que se abre permite realiza-la selección das preguntas. Esta pode facerse dunha en unha ou todas mediante o botón [seleccionar todo]. Unha vez feita a selección hai que facer clic en [Engadir ó cuestionario].

As preguntas seleccionadas son presentadas á esquerda. O profesor pode decici-la ordede aparición das preguntas e o peso que cada unha delas terá sobre a puntuación total do cuestionario. Unha vez configurado o cuestionario queda listo para a súa utilización.

Unha vez que os alumnos teñan resolto o cuestionario, o profesor terá dispoñible unha gran cantidade de información. Facendo clic sobre a ligazón ó cuestionario desde a páxina principal do curso, o profesor poderá ver o número de cuestionarios resoltos e, entroutros datos, a cualificación obtida, a data de realización e a cantidade de intentos de tempo investido.

Facendo clic sobre cada entrada da táboa, o profesor poderá visualizar cada cuestionario tal e como foi resolto polo alumno. Ademais pode dispoñer de datos estadísticos que lle servirán de referencia para novas experiencias.



Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06