CLOZE: Engadir preguntas de "Selección múltiple"

No lugar onde queiramos que apareza a lista desplegable inseriremos o código encerrado entre chaves. Devandito código consta de tres campos separados por dous puntos ( : ).

  1. O primeiro campo indica cantos puntos valerá a pregunta.
  2. O segundo contén a palabra MULTICHOICE (escrita en maiúsculas).
  3. O terceiro enumera as opcións que debe mostrar a lista desplegable. Cada unha de estas opcións debe ir precedida do carácter "~". A resposta correcta ten, ademais, un signo igual (=). Se unha resposta é parcialmente correcta, podemos asignarlle unha porcentaxe da cualificación da pregunta do seguinte xeito: "~%50%resposta".

Exemplo:

seleción multiple

O alumno vería:

menu desplegable
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06