CLOZE: Encher cadros baleiros con texto.

No lugar onde queiramos que apareza o oco ou cadro baleiro inseriremos o código encerrado entre chaves.

O código consta de tres campos separados por dous puntos ( : ).

  1. O primeiro campo indica cantos puntos valerá a pregunta.
  2. O segundo contén a palabra SHORTANSWER (escrita en maiúsculas).
  3. O terceiro, precedido polo signo igual (=), contén a resposta correcta. Podemos especificar varias respostas correctas separadas por "~" seguido polo signo igual, é dicir: "~=resposta".
  4. Temos a posibilidade de pór comentarios a cada unha das respostas. Para iso, só hai que pór o símbolo da almofadiña (#) tras cada unha das respostas que desexemos.
Exemplo:

codigo

O alumno vería o seguinte:

shortanswer
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06