Creando unha escolla

Débense seguir os seguintes pasos:

  • Activar o 'Modo Edición'
  • Seleccionar a opción [Escolla] no despregable [Engadir unha Actividade]
  • A continuación, completar os campos de formulario de configuración:


escollas

    • Título da escolla.
    • Texto.
    • Escolla nº: cada unha das posibles repostas de entre as que pode elixir o alumno.
    • Límite: Número máximo de respostas permitidas para unha escolla.
    • Limitar o número de respostas permitidas. Por defecto tódolos alumnos poden elixir calquera das respostas. Habilitando esta opción o número de respostas permitidas para unha mesma consulta é limitado (por exemplo nunha consulta para a formación de grupos dun número limitado de compoñentes).
    • Restrinxir a resposta a este período. Restrinxe a posibilidade de responderá consulta a un período determinado.
    • Modo amosar. O profesor pode decidir se as posibles respostas á consulta son amosadas horizontal e verticalmente.
    • Publicar resultados. Moodle permite amosa-los resultados das consultas ou non ós alumnos que teñan participado na mesma podendo ser despois de respostar, despois de pecha-la consulta ou sempre.
    • Privacidade dos resultados. Podemos indicar a Moodle que garde a privacidade das respostas, é decir, que non publique que alumnos teñen elixido unhas e outras opcións.
    • Permitir a actualización. Permite a actualización das respostas.
    • Amosar columna coas non respondidas. Amosa unha columna extra cos alumnos que non teñen contestado á consulta.
    • Modo de grupo. Establece o modo de grupo para esta actividade.
    • Visible a estudiantes. Configura se a consulta será inicialmente visible ou non para os alumnos, unha vez gardemo-los cambios.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06