4.1.- Localización


Administración da aula virtual > Localización

Este apartado ten dous puntos configurables: configuración de localización e actualizar zonas horarias.

Configuración de localización:

  • aZona horaria por defecto: Si temos configurada a "hora local do servidor" a aplicación tomará a hora do servidor onde está instalada. No caso de que non coincida coa hora real podemos facela coincidir axustándoa cos UTC.
  • Facer obrigatorio o fuso horario predefinido: Na configuración dos perfís de usuario aparece un despregable onde o usuario pode selecionar o fuso horario personalizado. No noso caso non tería sentido co que debemos ter selecionado UTC, non dando a posibilidade ós usuarios de modificar o fuso horario.
  • País por defecto: Por defecto non aparece ningún selecionado, podemos selecionar "España" para aforrar ese traballo ós usuarios que personalizan os seus perfís.

Actualizar zonas horarias

Esta páxina buscará nova información sobre os fusos horarios do mundo. No noso caso, ó ser aulas virtuais que só se van utilizar na Comunidade Autónoma non será necesario actualizar os fusos horarios.
imaxe


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06