Crear un glosario

A creación de glosarios en Moodle consta de 3 etapas: configuración xeral do glosario, administración de termos e adición de novos termos ó glosario.

Cada curso de Moodle pode incorporar o seu propio conxunto de glosarios. O glosario principal é só editable polos profesores. Os glosarios secundarios poden ser configurados para permitirlle ós alumnos engadir entradas e comentarios.

O profesor pode crear unha ligazón ós glosarios desde calquera parte dentro das seccións do curso. É recomendable engadir a entrada ó glosario principal desde a sección principal do curso.

o glosario
 

Para crear un glosario hai que seguir os seguintes pasos:

 
  • Activar o "modo edición".
  • Seleccionar [Glosario] desde o menú [Engadir Actividade].
  • Na páxina de edición do glosario dar un nome descritivo.
  • Engadir unha descrición xeral acerca dos termos que poden atoparse no glosario.
  • Seleccionar as distintas opcións das que se quere dispoñer:
    • Entradas por páxina. Configura o número de palabras e definicións que os alumnos ven cando acceden á lista do glosario.
    • ¿Este é o glosario global? O administrador pode facer que o glosario sexa accesible desde calquera dos cursos do servidor. Non aparece no caso de non ser administrador do sitio moodle.
    • Tipo de glosario. Pódense seleccionar dúas opcións. O glosario principal só é editable polo profesor e só pode engadirse un en cada curso. Os glosarios secundarios poden importarse dentro do principal e poden incorporar tantos como se desexe nun mesmo curso.
    • Os estudantes poden engadir entradas: esta opción é só aplicable a glosarios secundarios e permite que os alumnos engadan e modifiquen as entradas no glosario.
    • Permitir entradas duplicadas: permite engadir máis dunha definición para a mesma palabra.
    • Permitir comentar as entradas: o profesor e os alumnos poden incorporar comentarios ás definicións do glosario. Os comentarios están accesibles mediante unha ligazón ó final da definición.
    • Hipeligazón automática. Moodle incorpora un filtro de texto ca funcionalidade de crear ligazóns desde palabras incluídas no curso á súa definición no glosario. Os vínculos amósanse cun remarcado en cor arredor das palabras ligadas. O administrador é o encargado de habilitar ou non o filtro de hiperligazón. Hai que ter presente que a activación do filtro aumenta considerablemente a carga do procesador.

    • Estado de aprobación por defecto. Se se permitiu ós alumnos incorporar e editar entradas ó glosario, o profesor pode configurar que estas operacións se fagan baixo a súa aprobación. Para cada intervención por parte do alumno Moodle pedirá o visto bo do profesor.
    • Formato para amosa-las entradas. Esta variable define o xeito no que se amosa cada entrada dentro do glosario.
      • Amosar ligazón especial. Pódese personaliza-lo xeito en que un usuario pode facer procuras no glosario. A función de procura por categoría ou data sempre está a dispor, pero pódense definir tres opcións máis.
      • Amosar especial. Habilita a procura con caracteres especiais coma @, #, etc.
      • Amosar alfabeto. habilita a procura por letras iniciais.
      • Amosar todo. Habilita que tódalas entradas do glosario lle sexan amosadas ó alumno dunha vez.
    • Editar sempre. Mediante esta opción o profesor decide se a edición das entradas dun cuestionario estará habilitada sempre, ou se pola contra só estará dispoñible durante un intervalo de tempo.
    • Permitir cualifica-las entradas. O profesor pode elixir cualifica-las entradas dos alunos, e incluso permitir que os alumnos cualifiquen as entradas dos seus compañeiros. Desde esta opción pode configura-la escala das cualifiacións e incluso establecer un tempo para iso.
  • Gardar os cambios.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06