1.16.- Mensaxes

Bloque de Mensaxes

Este bloque permite a comunicación, constituíndo un sistema de mensaxería interna entre os usuarios do curso ou do espazo.
Nos procesos de envio de mensaxes e xestión do caderno de dirección, este bloque esta relacionado co bloque de Usuarios en liña


Xestión de contactos e mensaxes

Este bloque a parte de enviar mensaxes, permite: agregar usuarios pertencentes a plataforma ao caderno de direccións, bloquear usuarios e visualizar o histórico de mensaxes anteriores . Calquera de estes procesos pódense realizar tanto dende o bloque Usuarios en liña como dende o bloque de Mensaxes, tal como se describe a continuación.

Bloque de usuarios en liña

Xanela que permite enviar menaxes

Premendo na imaxe do sobre que aparece a dereita do nome do usuario no bloque de Usuarios en liña aparece esta xanela.

Na parte superior da xanela aparecen tres botón que permiten:

  • Engadir contacto o caderno de direccións. Unha vez engadido o contacto o botón muda por outro que permite eliminalo.
  • Bloquear contacto para que non poidamos recibir as mensaxes enviadas polo mesmo.
  • Ver o historial de mensaxes

Escribindo o mensaxe no cadro central e premendo sobre o botón Enviar mensaxe. A mensaxe é enviada o seu destinatario, podendo manter unha conversación con el a través desta ventá que se refresca automaticamente cada 60 segundos.No caso que o destinatario non este en liña e dependendo da configuración deste bloque, a mensaxe é entregada na bandexa de entrada do seu correo electrónico.

Empregando o bloque de Mensaxes e premendo sobre o botón Mensaxes..., abrese unha xanela que composta por 3 pestanas:

  • Contactos:

Caderni de contactos

Listado de os usuarios que temos introducidos no noso caderno de direccións, podendo eliminalos ou ver o histórico de mensaxes empregando os botón correspondentes situados a dereita do nome.
O premer sobre o nome do usuario abrese a xanela que nos permite enviar unha mensaxe

  • Procurar:

Escribir o nome de usuario a localizar e premer sobre buscar

Listado dos usuarios localizados


Permite buscar usuarios da plataforma e mensaxes enviadas ou recibidas.
Cando localizamos usuarios, a dereita do nome dos usuarios aparecen os botón que nos van permitir: engadir o contacto o caderno de direccións, bloquear o contacto, ver o histórico de mensaxes. O premer sobre o nome do usuario ábrese a xanela que permite enviar unha mensaxe ó mesmo.
Cando se bloquea un usuario para que no poidamos recibir mensaxes del o botón cambia a outro botón permite desbloquear o usuario.

  • Configuración:

Pestaña de configuración do bloque de mensaxes

Desde esta pestana o usuario pode configurar o servizo de mensaxeira para asi adaptalo a súas necesidades, de especial interes é a posibilidade de enviar o noso correo electrónico a mensaxe en caso de estar desconectado un tempo determinado, opción marcada por defecto para os centros dentro do proxecto de Web´s dinámicas.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06