Creando un wiki

O proceso de creación dun wiki é similar ao de calquera outra actividade. Activamos o modo de edición e imos á lista desplegable Agregar unha actividade, para engadir o wiki na sección que nos interese. Isto lévanos a un formulario onde configuraremos os diferentes parámetros que controlan o funcionamento do wiki.

  • Nome: é o texto identificativo co que este wiki particular aparecerá na páxina principal do curso. Tamén se usa este texto como nome do arquivo da páxina inicial do wiki.
  • Informe: é un texto breve que describe as características deste wiki particular, o seu propósito, o tipo de material que contén e que se espera do traballo que os estudantes deberán desenvolver nel. Este campo dispón do editor HTML, así que será fácil introducir estilos, táboas ou imaxes. Non obstante, é recomendable manter este sumario de forma moi resumida.

  • Tipo: establece quen pode escribir e editar as diferentes páxinas do wiki. Hai tres tipos de wiki: Profesor, Grupos e Estudante.
Logo de configurar o wiki, este quedará dispoñible para ser editado, mostrándose a pantalla de edición da primeira páxina.

edicion dun wiki


No centro da páxina verás a área de edición da túa páxina wiki. Se elexiches o modo “Só HTML”, poderás usar o editor HTML como farías con calquera outro documento. Podes engadir imaxes, táboas, e calquera outro formateo que desexes. Para engadir outras páxinas wiki á túa wiki, simplemente escribe unha palabra entre dous corchetes. Se aínda non creaches unha páxina con ese nome, Moodle porá un signo de interrogación detrás da palabra.
Por exemplo, se escribes a palabra "[bosque]" na páxina, Moodle irá a ver se xa foi creada unha páxina co nome “bosque”. Se non foi así, cando vexas a páxina verás a palabra “bosque” en negriña cun signo de interrogación detrás dela.

previsualización do wiki

Se premes no signo de interrogación, irás á vista de edición da nova páxina wiki. Unha vez que engadas algún contido e gardes a páxina, ésta voltarase activa. Tódalas veces que escribas esa mesma palabra entre corchetes, Moodle creará automaticamente unha ligazón á páxina.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06