1.4.- Modo edicción

O proceso de modificacións e deseño dos espazos en Moodle é o mesmo para a plataforma (si temos permisos de administrador) que dentro dos cursos.

Para poder modificar ou configurar o espazo xeral ou un curso é necesario activar o modo edición do curso. Soamente os usuarios con permisos suficientes poden editar cursos.

Para activar o modo edición e necesario estar dentro do propio curso a modificar e premer sobre a opción de Activar edición accesible dende dous lugares, tal como se indica na imaxe.

Activar edición

Activado o modo edición a visualización ou interface do curso varia, aparecendo unha serie de iconos asociados a cada elemento e bloque, ver imaxe seguinte, que van permitir diferentes accións sobre os mesmos:

botón de control de bloques e elementos do curso

  • Modificar a disposición dos bloques laterais
  • Aumentar, ou eliminar o número de bloques laterais
  • Editar os contidos didácticos e os elementos individuais que compoñen o curso
  • Reorganizar os bloques temáticos da columna central.........

Modificar bloques das columnas laterais

O premer sobre o botón Activar edición:

Engadir bloques as columnas laterais

Aparece un novo bloque na columna lateral dereita chamado Bloques que permite seleccionar dun despregable novos bloques para añadir o curso. Nesta lista despregable só aparecen os módulos activados na configuración global do moodle ( ruta: Administración do sitio > Módulos > Bloques ).

Botóns de control do bloque

Ademais na cabeira de cada uns dos bloques aparece un serie de botón, que se detallan na seguinte taboa, e que permiten configurar o bloque correspondente

Botón Función

visible para os estudantes

Indica que o bloque e visible. Funciona como un interruptor, se sé preme sobre el cambia á imaxe de un ollo cerrado, quedando oculto para o estudante, pero nunca para o docente.

Oculto para os estudantes

Indica que o bloque e visible. Funciona como un interruptor, se sé preme sobre el cambia á imaxe de un ollo cerrado, quedando oculto para o estudante, pero nunca para o docente.

Mover verticalmente

Permite mover o bloque na dirección que indica cada frecha, e dentro da mesma columna

Mover dunha columna lateral a outra

Permite desprazar o bloque de unha columna a outra, na dirección indicada pola frecha

Eliminar

Elimina por compreto o bloque do curso.

Mostrar e ocultar o contido do bloque

Permite mostrar ou ocultar o contido dun bloque, quedando sempre visible a cabeceira do mesmo

Asignar roles

Permite asignar un rol a un usuario para ese bloque

Na colocación e número de bloques, recomendase:

  • Agrupalos por función. Exemplo colocar unha columna os bloques de información e na outra columna os bloques que se refiren a organización temporan do curso
  • Seleccioar soamente os bloques que realmente se necesiten de acordo cos obxectivos perseguidos
  • No caso que o alumnado acceda a varios cursos, debese facilitar a localización dos bloques en cada curso, evitando situar un mesmo bloque en posicións moi diferentes de un curso a outro.

Modificar os contidos didácticos

Unha vez activado o modo edición, na parte central do curso podense observar:

Posibilidades na edición do contido

  • unhas caixas que permiten agregar compoñentes ó curso
  • unha serie de iconos xunto cada compoñente do curso, que permitiran realizar diferentes accións sobre o mesmo

Os recursos e as actividades son os compoñentes que se poden agregar a un curso dentro dun determinado bloque temático. Para engadir unha actididade ou un recurso a un curso é necesario seleccionalo da lista despregable correspondente. Unha vez especificadas as características do compoñente, o recurso ou actividade aparece ó final do bloque temático onde estaba a caixa despregable empregada para añadir o compoñente.

Etiqueta, páxina de texto, páxina web.....son algúns dos recursos que se poden introducir nun curso. Entre as actividades didácticas que aparecen la lista despregable están: Tareas, cuestionarios, wikis, chat, taller..........

Na seguinte táboa explicase a funcionalidade de cada un dos botóns que permiten controlar cada un dos compoñentes ou elementos

Botón Función

Editar o contido

Empregase para acceder a configuración do recurso ou actividade. Permite repasar ou varias calquer parámetro, dende o seu nome ata calquer característica que defina o seu funcionamento.

Aliñación

Permite aliñar (dereita ou esquerda) o compoñente ó que se refire. Podendose desta forma xerarquizar os recursos e as actividades

Eliminar

Elimina permanentemente o elemento, incluindo os posibles arquivos asociados. Non existe posibilidade de deshacer ou restaurar os compoñentes borrados

Visible e oculto

Controlan a visibilidade. Ollo aberto indica que o elemento está visible podendo os estudiantes traballar co mesmo, o premer sobre o mesmo, o ollo pechase ocultandose o compoñente só para os estudiantes, para os titores o profesores os recursos sempre aparecen visibles

Mover o elemento

Permite mover o elemento do curso para calquer lugar dos bloques temáticos. Cando se pulsa este botón aparece unha serie de recadros con línea discontinua que indican os posibles lugares onde se pode situar o elemento que se desexa mover. Premendo sobre o recadro trasladase o elemento o sitio indicado.

Grupos

Indica o funcionamento do elemento respecto os grupos que poideran existir no curso

Reorganizar os bloques temáticos

Os recursos e actividades están vinculados con un bloque ou sección de contidos. Moodle permite, ademáis de organizar cada un dos elementos didácticos individualmente, como xa se mostrou no apartado anterior, redefinir a colocación e configuración das seccións de contidos.

Un curso pode ter tantas seccións como se especifiquen no formulario de configuración do curso. Independentemente da configuración do curso, moodle crea una primeira sección, que non é modificable nin movible, destinada a elementos xerais, a partir desta primeira sección obrigada o resto das seccións parecen numeradas comenzando polo número 1 e seguindo correlativamente o orde correspondente.

Os bloques temáticos 1, 2, 3,.... podense mover, cambiando o orde que presentan no curso, e tamén, se poden ocultar ou facerse visibles. Estas operacións poden ser especialmente útiles durante o proceso de diseño do curso: vanse añadindo os recursos pouco a pouco e cando a sección esté finalizada, activase a sua visibilidade para amosala os estudantes. As seccións ocultas aparecen marcadas cun sombreado gris. Na seguinte taboa describense os botóns de control dos bloques ou seccións:

Botón Función

Mostra só a sección seleccionada

Permite mostrar só a sección seleccionada. Cando se pulsa sobre este botón, o bloque aparece marcado có botón seguinte.

Mostra tódolas seccións do curso

Mostra tódalas seccións do curso. Funciona como un interruptor có botón anterior. Ambos botóns tamén funcionan aínda que non estea activo o modo edición

Marcador

Permite marcar a sección como tema actual. Aparecendo a sección dun cor máis intenso. Empregase para central a atención do estudante.

Mostra e oculta a sección para os usuarios

Ollo aberto: visible para os estudantes. O ollo cerrase o premer sobre él. O ollo cerrado indica que a sección está oculta para os estudantes.

Permite ordear a sección

Botón de desplazamento que permiten mover as seccións verticamnete na lista de seccións. O movimento e secuencial de realizase de sección en sección.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06