1.3.- Personalización dos datos de usuario

Agora que xa somos usuarios autenticados e xa accedemos á plataforma, unha das primeiras accións á realizar será a personalización dos nosos datos, sobre todo, o cambio de contrasinal.

Para acceder ao noso perfil deberemos premer sobre o nome de usuario que aparece agora na zona de Acceso (parte superior dereita).

Na ficha do usuarios teremos dispoñibles varias pestanas: Perfil, editar perfil, Mensaxes do foro, Blog e Informes de actividade.

Perfil

Na pestana de Perfil podemos atopar dous botóns interesantes:

  • Modificar contrasinal
  • Mensaxes

Perfil de usuario

Premendo sobre o botón de Modificar contrasinal podemos establecer un novo contrasinal de acceso á Aula Virtual para o noso usuario.

Modificar contrasinal

Desde o botón de Mensaxes podemos acceder ás mensaxes que nos deixaron outros usuarios da plataforma. Cando temos algunha mensaxe pendente de ler, tamén aparece un número que nos indica cantas mensaxes novas nos enviaron.

Editar perfil

Nesta sección podemos editar a nosa información persoal e decidir se publicamos para o resto de usuarios o noso enderezo de correo electrónico ou non.

Editar perfil de usuario

Mensaxes do foro

Permite ver as mensaxes que enviamos aos diferentes foros do curso.

Blog

Permítenos a edición dun blog persoal.

Informes de actividades

Amosa un informe sobre as actividades realizadas no curso.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06