Comunicación síncrona: as sás de chat

O chat de Moodle é unha sinxela ferramenta de comunicación síncrona que permite ós usuarios manter conversas en tempo real. Nos foros non é preciso que os participantes estén no sistema ó tempo, mais isto é condición obrigatoria nas sás de chat.

Para utiliza-lo chat de moodle como ferramenta de comunicación é preciso crear unha sá de chat. O profesor poderá crear unha única sá para todo o curso ou repetir sesións para múltiples xuntanzas.

engadir actividade chat

Para crear unha sá de chat en Moodle é preciso segui-los seguintes pasos:

1. Activa-lo [Modo edición].

2. Seleccionar [Chat] no despregable [Engadir activiadade].

3. No formulario que aparece temos os campos de configuración:

  • Nome da sá.
  • Texto introductorio. No que se especifica a temática a tratar.
  • Próxima cita (primeira no momento da creación).
  • Repetir sesións. Dispoñemos de catro opcións: a) Non publica-las horas do chat, de xeito que a sá estará sempre aberta e os usuarios non terán que adaptarse a ningunha data prefixada. b) Sen repeticións publicar só a hora especificada, a sá só estará accesible na data e hora establecidos no campo anterior. c) A mesma hora tódolos días, ou d) A mesma hora tódalas semáns.
  • Gardar sesións pasadas. Permite graba-las sesións para consultalas posteriormente. Esta opción permite ós usuarios que non estaban no sistema á hora prefixada poder visualiza-las intervencións.
  • Todos poden ver sesións pasadas. Determina se tódolos usuarios poderán acceder ás sesións grabadas ou só o profesor.
  • Modo de Grupo. Configura o modo de grupo da actividade incluíndo 'non hay grupos', 'grupos separados' no que os estudantes só teñen acceso ó chat do seu grupo e 'grupos visibles' no que os estudantes só poden intervir no chat do seu grupo pero poden ver tódalas intervencións.

Unha vez gardados os datos de configuración do chat, a sá estará lista para o seu uso.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06