Práctica 5

A realización desta práctica consistirá en realizar os pasos indicados nos documentos do módulo:

  • Acceder á plataforma da Aula Virtual no curso de exemplo.

  • Crear un novo curso seguindo as indicacións da documentación.

Unha vez que teñamos o curso creado, apareceranos unha páxina onde podemos asignar usuarios aos diferentes papeis: profesor, profesor non editor, estudiante, invitado.

Poderemos observar que xa figura un usuario como Profesor, que será o usuario creador do curso.

Para poder ver o curso recén creado podemos premer sobre o nome abreviado do curso (neste caso será o nome do alumno, seguindo as indicacións descritas na documentación) que podemos atopar tanto ao final da páxina de Asignar papeis, como na barra de navegación (migas de pan).

Curso do alumno creado

Premendo sobre calquera desas dúas opcións chegaremos ao novo curso creado, que terá unha presencia similar á da seguinte captura, onde o Nome do curso e o Nome abreviado serán os do alumno creador:

Curso novo

Chegados a este punto realizaremos unha captura de pantalla que será a que enviemos ao titor/a como tarefa. Na captura deberá verse o nome do alumno creador.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06