21.- Administración
![]() |
O bloque administración é diferente segundo o rol do usuario. O profesorado do curso pode ver todos os enlaces que se mostran nesta imaxe mentres que os estudantes tan só ven un enlace ao seu propio libro de cualificacións e , se teñen permisos, aos propios rexistros do curso. |
A seguinte táboa mostra unha descrición dos botóns que contén o bloque:
Botón |
Función |
|
Activar edición: Permite activar a edición; mentres non estea activada a edición non se poden introducir actividades, recursos nin bloques ao curso. |
|
Configuración : Da acceso ao formulario de configuración do curso, dende o cal se pode cambiar o nome, formato, permisos de acceso.... |
|
Asignar roles: pantalla que permite establecer permisos aos usuarios asignándolles un rol determinado. |
|
Grupos: xestión dos estudantes en grupos |
|
Copia de seguranza: fai unha copia de seguranza do curso |
|
Restaurar: Restaura unha copia de seguranza feita previamente |
|
Importar: Permite importar recursos e actividades dende outros cursos |
|
Restablecer: Baleira o curso dos datos dos usuarios |
|
Informes: Ofrece informes sobre os rexistros, a actividade e as estatísticas sobre usuarios e sobre actividades |
|
Preguntas: Pódense crear e editar preguntas, que logo poden ser introducidas nun cuestionario do curso. |
|
Escalas: Permite crear escalas personalizadas para poder levar a cabo unha actividade de evaluación. |
|
Ficheiros: accédese á carpeta de ficheiros do curso. |
|
Cualificacións: Os estudantes poden ver as suas cualificacións, o docente pode ver as cualificacións de todos os alumnos. |
|
Dar de baixa: Permite desmatricularse do curso ao estudante. |