Actividade: Crea un wiki

Crea un wiki

Crea un wiki no teu curso. Versará sobre "O Substantivo". Copia o seguinte parágrafo, e fai enlaces a cada un dos conceptos gramaticais suliñados para a creación de novas páxinas:

"O substantivo é aquela clase de palabra cuxos integrantes, que admiten morfemas derivativos e flexivos, desenvolven como principal función a de núcleo de sintagma nominal e refiren seres, entes, obxectos, sentimentos, fenómenos ou ideas".

Nunha fase máis avanzada do curso, matricularás alumnos que serán os encargados de completar ditas definicións.