Actividade: Participando nun foro

Participando nun foro

Esta actividade ten dúas partes, creación dun novo debate nun foro (que farás no foro creado na actividade anterior) e replicar unha intervención nun foro (que farás no foro creado a tal fin neste curso).

I. Para crear un novo debateno foro do teu curso, segue os seguintes procedementos:

1. Abre o foro creado na actividade anterior facendo clic no seu nome.

2. Fai clic no botón [Engadir un novo tema de debate].

engadir tema de debate

3. Enche o cuestionario cunha breve autopresentación e animando ós usuarios do curso a intervir no foro.

4. Fai clic no botón [Enviar ó foro]

publicar

Unha vez publicado os participantes do curso poderán intervir no debate replicando ás mensaxes colocadas polos usuarios.

II. Para participar nun debatereplicando unha intervención existente, segue os seguintes procedementos:

Lembra que ten que ter pasado un tempo desde a creación do fio para poder contestar. Pode que teñas que rematar esta actividade máis tarde.

1. Entra nun calquera dos cursos creados polos teus compañeiros. Os atoparás na categoría de cursos "Caixón de area", xunto co teu propio curso.

2. Abre o foro "Buzón de suxestións e dúbidas".

3. Atoparás o fio creado polo seu autor segundo o indicado no apartado anterior desta mesma actividade. Pode que algún outro compañeiro xa teña intervido nese mesmo fio. Se non houbese ningún debate creado, abre outro curso doutro compañeiro ata atopar un que teña a lo menos unha intervención. Fai clic na opción [Responder] que está abaixo e á dereita da intervención do autor (as opcións editar e borrar só apararecen no caso de ser autor)

Participar nun foro

4. Enche o formulario facendo algunha apreciación sobre o curso do compañeiro, a marcha do curso de Moodle que compartes con el ou ela ou sobre calquera outra teima que se che ocorra.

5. Fai clic en [Enviar ó foro].