Skip to Content

Artículos

Activar o Mapa do Sitio

mapa do sitioSi o módulo non está instalado podedes poñervos en contacto con nós a través do correo do proxecto: websdinamicas@edu.xunta.es (É NECESARIO ESPERAR Á ACTUALIZACIÓN A MULTISITE).
Si o módulo está xa instalado:

Activar módulo:

Administrar → Construcción da páxina → Módulos.

Activamos Site Map e gardamos a configuración

Configurar permisos do módulo:

Administrar → Mantemento de usuarios → Control de acceso → aggregator módulo → Configurar permisos.

Deberemos permitir só ó rol administrador “administrar orixes de novas”, e decidir que roles poden “acceder a orixes de novas”.

Configurar o Mapa do sitio:

Administrar → Configuración da páxina → Mapa do Sitio.

Configuramos as variables necesarias.

A ter en conta:
Tal e como vimos recomendando, os menús constrúense en base a categorías co cal só será necesario marcar aquelas “Categorías para incluir no mapa do sitio” que desexemos se vexan no mapa.

Debemos marcar o tic “Incluir enlaces RSS” para dar a posibilidade ós visitantes a sindicarse a cada unha das orixes RSS.

Finalmente debemos pasar o enlace “Mapa do Sitio”, que aparece no “Menú Navegación”, a “Enlaces Secundarios” para que apareza na cabezeira da páxina. Non confundir o enlace co de administración do “Mapa do Sitio” xa que se chaman igual.



by Dr. Radut