Skip to Content

Artículos

Comezando - Sub Categories

Drupal 6: Nova documentación para editores

Revisouse a documentación que había para editores en Drupal 5 para adaptala en completala para o actual Drupal 6.

Especial mención ao tema 3 sobre a publicación de contidos multimedia que difiere de como o viñamos facendo ata o de agora.

Esta nova documentación está publicada neste curso da Aula Virtual Aberta do proxecto.

Módulos de Durpal 5.7 instalados no modelo de centros.edu.xunta.es

Na instalación de websdinámicas que viñamos utilizando no servidor de "centros.edu.xunta.es" estamos a utilizar os seguintes módulos que aparecen selecionados na seguinte imaxe:

drupal mod

 

Video II

Primeiramente co programa SUPER transforamermos o video dende o formato orixinal a FLV.

Abrimos agora o video en formato FLV co Any FLV Player.
Visualizámolo e na opción "Publish" miramos as opcións, elexindos as
cores dos botóns controladores do vídeo e desmarcamos a opción "Auto
play at begining" para controlar o seu comezo. Coa opción "Publish for
web" xeramos os arquivos necesarios e gardámolos nunha carpeta:

O programa AnyFLVPlayer efectivamentexenera tres arquivos. Se executamos o html veremos que vemos o video pero ademáis incorpora un código.Seleccionamos dito  código e pegámolo nunha páxina html entre body e body. Gardamos este novo html.

Comprobamos que se executamos o html novo nos lanza o video.

1-Subimos os tres arquivos como adxuntos:

-Player swf de 55KB

-triple_salto.flv 1287KB

-triple_salto.html 2KB  (o que arreglamos)

2-Ditos arquivos estarán no directorio files, concretamente

http://centros.edu.xunta.es/webdocentro/files

3- Insertamos a etiqueta IFRAME correspondiente, desactivando previamente o texto rico

 

 <div align="center"><iframe src="http://centros.edu.xunta.es/webdocentro/files//triple_salto.html" frameborder="0" height="400" width="400" scrolling="auto"></iframe></div>

 

Video STREAMING en Drupal (I)

Primeiro deberemos ter en conta o tamaño dos videos tendo en conta o peso (máis de 15 MB non é aconsellable), o tempo (+- 5 min) e a ventana (320x240).

Unha ventana maior implicará aumentar o peso e polo tanto disminuir o tempo.

Queremos servir o video case en tempo real e usaremos un formato FLV.

Podemos dispor dun programa gratuíto, SUPER, que nos permitirá transformar practicamente calquera formato de video a FLV.

Agora baixarei o arquivo adxunto e descomprímoo, obtendo unha carpeta chamada videon con 5 arquivos. Nesa carpeta terei que meter o arquivo video.flv creado.

Leo o arquivo AXUDA:

1-Crea (renomea) unha carpeta chamada video1 ou video2 ou video3 ou...videon

2-Dentro desa carpeta teño que ter 5 arquivos:
index.html, portada.jpg, titulo.txt, video_new.swf e video.flv

3-Edito o arquivo titulo.txt
Teño coidado de so modificar os textos "Escribo o título", "Escribo o subtítulo" e "Escribo a data".

&titulo=, &subtitulo= e &datavideo= son variables que non debo tocar.

4-Podo editar e personalizar a imaxe portada.jpeg sempre que respete as medidas

5-Comprimo a carpeta e súboa a carpeta files de drupal.

6-A ruta do video vai a ser:
http://centros.edu.xunta.es/webdocentro/files/videon/index.html

7-A etiqueta IFRAME para Drupal vai a ser :
<div align="center"><iframe src="http://centros.edu.xunta.es/webdocentro/files/videon/index.html" frameborder="0" height="400" width="400" scrolling="auto"></iframe></div>

8-Introduzo a etiqueta IFRAME no código dunha páxina de DRUPAL

PODEMOS VER UN EXEMPLO:

Video STREAMING en Drupal (II)

Vamos facelo sen necesidade de instalar ningún módulo adiccional de video en Drupal.

O primeiro que teremos que ter en conta cando desexemos publicar un video na web, é o tamaño do arquivo.
Videos de máis de 5 min ou 15 MB non son apropiados.

En segundo lugar o formato. O máis apropiado será poder servir un video en streaming, polo que traballaremos con video FLV e un player.swf que o sirva para a web.

Procedemento:

1-SUPER é un programa gratuíto que nos pasará prácticamente calquera formato de video a FLV con son mp3. Exportaremolo para unha xanela de 320x240. Ten múltiples opcións.

2-AnyFlvPlayer é outra aplicación gratuíta que nos reproducirá o video antes creado en contorno local, pero que nos exportará xunto co video, para unha carpeta, os arquivos necesarios para servir o video en streaming video.FLV, video.html, player.swf)

3-Etiqueta IFRAME para embeber o vídeo no contido ou páxina de Drupal. O código desta etiqueta é o segunte:

<div align="center"><iframe src="http://rutadovideo/video.htm" frameborder="0" height="400" width="400" scrolling="auto"></iframe></div>

O código da etiqueta haberá que pegalo no nodo ou páxina correspondente, indicar a ruta do arquivo video.html que nos xenerou a aplicación AnyFlvPlayer. O alto e ancho tamén variará segundo o tamaño da ventana do video.

 

Introducimos imaxes nun contido con IMCE

Podemos incluír imaxes nos nosos escritos, pero o seu tamaño deberá ser moderado, nunca máis de 50 kb.

De incluír varias nunha mesma páxina, que sexan miniaturas ou a suma do seu peso escasa, para facilitar a navegación.

Vexamos como proceder:

1º.-Premer na icona coa imaxe de árbore que temos no procesador do escritorio virtual.

2º.-Con isto abrirase unha xanela onde poderemos actuar de dúas maneiras:

  • Escribir no espazo "Image URL" un enderezo (URL) dunha imaxe que se atopa en Internet e que temos permiso para usar; é dicir, unha imaxe libre. Logo premer no botón "Insert" e xa aparecerá na nosa folla do libro.
  • Premer na icona que sinalamos en vermello na ilustración de abaixo se o que quermos é inserir unha imaxe que temos no noso ordenador.

3º.-Daquela aparece un novo formulario que nos permitirá  buscar a imaxe no ordenador, subir a imaxe e engadila no escrito.

4º.Cando prememos en "Add" volvemos á xanela anterior e con premer no botón "insert" teremos a imaxe inserida na páxina.

Agora temos que colocala no lugar correcto do texto. Seleccionamos a imaxe e prememos na icona xa coñecida con imaxe de árbore. Na pestana "appareance" poderemos darlle propiedade á imaxe de tamaño ou xustificación.

Recomendamos axudarse das táboas para maquetar imaxes no texto se for necesario.

Insertamos imaxes con IMAGE-ASSIST

É algo máis complicado que co IMCE pero igual de válido.

Cando estamos na pantalla do procesador de textos do Drupal prememos en "Desactivar texto rico-disable rich-text".

 

Apareceranos unha icona nova na que tamén teremos que premer:

Abrirase unha nova pantalla na que poderemos elexir algunha imaxe que xa teñamos subida o daranos a posibilidade de subir dende o noso ordenador unha imaxe ao servidor

Unha vez elexida a imaxe, no fondo da pantalla desa mesma ventá prememos no botón "inserir".

Abrirase una nova ventá na que veremos a miniatura da imaxe subida. So teremos que premer no botón "insert".

Agora so faltará en "Activar texto rico-enable rich-text"

Inserir arquivos Flash nun documento

No procesador de textos de Drupal dispoñemos dunha icona para inserir arquivos .swf.

Cando prememos en dita icona ábrese unha ventá para buscar o arquivo no equipo (Examinar) , subilo ao servidor (Upload) e logo engadilo (Add).

Subiremolo como calquera imaxe pero é moi importante indicar a medida(SIZE) que sexa distinto de 0, xa que no caso contrario non se verá.

Se nos sae unha mensaxe de erro cando intentamos subir o arquivo do tipo "Only images with .jpg, .gif, and .png extensions are allowed" é debido a que non temos configurado o IMCE correctamente.

Na ruta: Administrar>Opcións>Imce no oco Non-image file support: engadimos .swf.

Logo de engadir con Add, deberiamos dar o tamaño da ventana na que aparecerá o flash

Elaborando un libro

Para crear un libo iremos >Crear contido > Páxina de libro.

Poñerémoslle un título e elixiremos o apartado do menú donde colgaremos esta primeira páxina do libro.

Esta primeira páxina será o título e a portada de dito libro.

Unha vez enviada empezamos a crear páxinas fillas: engadir páxina filla.

Importante suliñar que as novas páxinas fillas van a colgar da primeira páxina do libro ou doutra páxina do libro según donde as fagamos.

As páxinas fillas xa non teño que indicarlles no menú de onde colgan xa que colgarán directamente da portada.

É dicir: se fago as páxinas fillas como capítulos do libro tereinas que facer todas como fillas da páxina portada e así xerarase o índice.

Se fago páxinas fillas a partir dun dos capítulos farei que dito capítulo teña subcapítulos.

O orde das páxinas ou capítulos ven dado polo peso de cada páxina. Se todas teñen o mesmo peso vanse a ordenar alfabeticamente, polo que poderiamos poñer 01-XXX, 02-XXX,... e así sairían co orden elixido.

Creando contidos

Na ruta >Crear contido  accederemos á un menú no que teremos que escoller o tipo de contido a elaborar. Normalmente será unha páxina ou un artigo.

Unha vez elexido abrirase unha plantilla na que é obrigatorio un título.

Logo elixiremos o lugar do menú no que vamos a publicar

Finalmente escribiremos o texto coa axuda do procesador.

IMAXES

1- (Co módulo IMCE) O xeito máis doado, e premer na icona que representa unha árbore no procesador de textos. fimaxeÁbrese un formulario que nos permite engadir unha imaxe mediante a ruta URL pero tamén dispoñemos dun cadriño que se o prememos nos permite buscar imaxes no noso ordenador e subilar á nosa carpeta de usuario ou a unha comú, segundo o administrador teña configurado o módulo IMCE.

2- (Co módulo image_assist) Teremos que premer na opción Disable rich-text. Aparecerá unha icona  na ims0que premeremos. Abrirase unha ventá na que podereremos seleccionar a imaxe desexada . Prememos en insert e subirá ao noso texto en formato de código.

A imaxe subirá por defecto como minuatura (100x100) se non se modifican as opcións.

Agora para ver o texto sen código prememos en enable rich-text e veremos a fotografía incrustada no texto.

Se quixeramos colocar a imaxe nun lugar determinado dentro do texto podemos empregar a icona da barra de ferramentas representada por unha árbore. Selecionamos a imaxe, prememos na icona e eliximos nas opcións. fimaxe

O ideal e ter as imaxes subidas previamente empregando a opción de crear contido-imaxe.

Se está habilitada a  scheduling options poderemos darlle data de inicio e caducidade ao noso documento.

Finalmente prememos en enviar e o texto publicarase.

OBSERVACIÓNS

Cada perfil de usuario poderá crear os tipos de contidos que teña habilitados polo administrador na ruta administrar-control de acceso-permisos.

Páxínas de libro, páxinas, artículos,temas de foro... poderán publicarse no menú para o que nos deron permiso na ruta administrar-control de acceso-category_permissions



by Dr. Radut