Skip to Content

Artículos

Insertar imaxes da galería fotográfica (Copermine) cun só click do rato

Este sistema estámolo a empregar na nosa web, para que cando se publique unha entrada se poidan inserir imaxes da galería de imaxes de forma automática. Podedes atopar a explicación de como facelo nesta ligazón http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/?q=category/12/108 Esta nova actualización do código, emprega só entradas de drupal (e non arquivos subidos vía ftp como sucedía anteriormente), agardamos que funcione axeitadamente en sistemas multisite, xa que aínda non se produciu a migración do noso sitio. En todo caso, nese momento, faríanse as actualizacións necesarias para que funcionase. Agardamos poida servirlle a alguén, xa que no noso caso nos resultou moi útil.

Foro

FORO DE EXPERIENCIAS DRUPAL

Visualizar PDF e outros

Nos utilizamos os servicios de http://www.scribd.com/ a través do módulo "ipaper" http://drupal.org/project/ipaper que pode instalarse facilmente en Drupal.

É un módulo moi util e fácil de usar, pero o ficheiro flash resultante queda aloxado en Scribd e está suxeito as condicións que eles establecen. Podedes ver o resultado en http://centros.edu.xunta.es/iesdecurtis/node/186. Outra posibilidade e utilizar Macromedia - FlashPaper 2 http://www.adobe.com/products/flashpaper/ ou Print2flash http://print2flash.com/ que permiten transformar calqueira PDF a flash, pero son programas de pago aínda que teñen a ventaxa de que o ficheiro resultante pode subirse directamente o servidor da Consellería.

O mellor sería que a Consellería puxese un módulo en Drupal que permitise ver os PDF que subíramos as páxinas dos centros. Tamén sería necesario un módulo que permitise importar os Blogs que case tódolos los centros teñen en Blogger ou Wordpress polos problemas que pode haber pola utilización de fotos de menores fora do servidor da Consellería. Outra cousa que botamos en falta é unha mellor integración de Drupal con Coppermine.

Por se lle serve a alguén: como crear un listado de títulos de artigos publicados

Deíxovos aquí unha forma de amosar un listado dos títulos publicados nun determinado "termo", podedes ver un exemplo do seu uso na web http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/ Estamos a empregar este sinxelo script para amosar un listado de "anuncios" no taboleiro de anuncios, o aviso e as datas destacadas. O que fai o script é buscar na base de datos de drubal os artigos publicados baixo un determinado termo, ordeándoos segundo a súa orde de publicación _(os máis novos primeiro) Para que funcione tedes que lembrar marcar como opcción de publicación PHP, pode empregarse tanto nun bloque como nun artigo (recoméndovos probar nun artigo que só vos poidades ver :) ) Teredes que... - Cambiar tid=63 polo correspondente ó termino que interese en cada caso, pode saberse que número se corresponde co noso termo editando a lista de termos, na barra de navegación veremos que na dirección nos vai a aparecer /term/ seguido de un número, ese é o número de noso termo. Limit 0, 5 indica o número de "títulos" que queremos amosar, podemos poñer o número que quieramos en lugar do 5. Agradécense melloras deste script :) Atoparedes o scrpt (que aquí o recorta) na nosa páxina nesta ligazón http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/category/12/108 PD: estamos tamén a a usar un script que amosa o último álbum subido na galeria Copermine, que podedes atopar no mesmo enderezo


by Dr. Radut