Skip to Content

bloque-estilos

Idiomas

4ª Reunión Transnacional:Naklo

imagenew: 
Data: 
Mér, 06/06/2018
Short Summary: 
Os días 5 e 6 de xullo tivo lugar en Naklo (Eslovenia), o cuarto encontro transnacional do proxecto coordinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, SFATE, desenvolvido no marco do programa Erasmus+ KA2.

Durante as xornadas deste encontro, organizado polo Centro de Formación Biontecnical de Naklo (Eslovenia), os socios do proxecto estiveron ultimando diferentes aspectos relacionados coa finalización da plataforma SFATE para o seu lanzamento público. Dita plataforma estará dispoñible en seis idiomas diferentes: inglés, francés, alemán, español e galego e terá diferentes formas de entrada dependendo dos intereses dos usuarios. Contará ademais coa presentación das tecnoloxías a través de fichas específicas para cada unha delas, con vídeos ilustrativos e con empregos e formación vinculadas ás mesmas.

O socio esloveno presentou tamén as instalacións das que dispoñen para as formacións, entre as que destacan a formación agrogandeira, a transformación de leite, a produción vexetal e elaboración de conservas, a maior parte en produción ecolóxica. Contan ademais cunha rede local de produtores cos que traballan para a comercialización destes produtos.



sfate_new | by Dr. Radut