Opcións de matriculación

A materia Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica achégalle ao alumnado os recursos, as técnicas, os procedementos e as aplicacións instrumentais que fan posible a produción artística en xeral e as producións plásticas, gráficas e visuais en particular. A través desta materia, o alumnado adquirirá os coñecementos relativos ás técnicas clasificadas tradicionalmente como debuxo, pintura e gravado, sen esquecerse doutras técnicas relevantes que escapen a esta clasificación. O obxectivo é que o alumnado, por unha banda, adquira as habilidades necesarias para implementar correctamente os procedementos de traballo e, por outra, que adecúe as técnicas ás propostas artísticas con soltura, iniciativa e creatividade crecentes.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.