Este módulo profesional dá resposta á necesidade de proporcionar unha adecuada base teórica e práctica para a comprensión dos parámetros, principios de funcionamento e características de equipamentos electrónicos e máquinas de corrente alterna utilizadas en instalacións eléctricas, automatismos, instalacións domóticas, instalacións solares fotovoltaicas e ICT, etc. Aténdese tamén a proporcionar unha adecuada base teórica e práctica sobre os equipamentos e as técnicas de medida utilizadas en verificación, posta en servizo e mantemento de instalacións eléctricas e ICT, así como a ensinar a recoñecer os riscos e os efectos da electricidade.