UNIDADES DIDÁCTICAS:
HISTORIA:
1. Á Época do Renacemento. A Arte Renacentista.
2. A Europa do Barroco. A Arte Barroca.
3. O Século da Razón. 
4. As Revolucións burguesas.

XEOGRAFÍA:
5. A Organización política das sociedades.
6. Os sistemas económicos. A actividade económica e os sectores produtivos.
7. Actividades humanas e impacto ambiental.

AVALIACIÓN

A avaliación do curso establécese segundo o proceso de avaliación continua e criterios de ponderación a varios niveis. Por unha banda establécese unha ponderación por unidades didácticas, de tal xeito que cada unha delas ten un peso específico no global do curso. Por outra banda os instrumentos de avaliación, probas escritas e táboa de indicadores, réxense por uns criterios de puntuación e así mesmo de ponderación.


O curso de terceiro comprende 22 C.A distribuídos e axustados a cada unha das 12 U.D e, nesta programación, o 50% dos criterios de avaliación serán avaliados por medio de probas escritas e o outro 50% mediante táboa de indicadores. Por unidades didácticas estableceuse o peso que se lle daba aos instrumentos de avaliación resultando que as probas escritas é do 60% e o das táboas de indicadores un 40%.

Co alumnado que non aprobe as avaliacións levarase a cabo un plan de recuperación que consistirá na elaboración dunhas fichas de reforzo con diferentes propostas de tarefas competenciais sobre os temas traballados nas unidades da avaliación xunto coa preparación dunha serie de preguntas exame sobre ditos contidos. O docente titorizará este traballo para resolver dúbidas ou/e corrixir aqueles aspectos que sexan precisos. Farase unha proba escrita de recuperación por trimestre sobre as preguntas propostas polo docente e que foron previamente traballadas polo/a alumno/a que se cualificará nunha escala de 1 a 10 (especificando en cada pregunta o seu valor). En relación á parte práctica este deberá ser entregado no prazo indicado e será puntuado seguindo as rúbricas: excelente 10; ben 7; regular 5; moi regular ou inadecuado 4, calculando logo a media. Para calcular a nota da recuperación considerarase o 50% das probas escritas e o 50% dos traballos e será o resultado de: Nota recuperación da avaliación non superada= [(Nota Ex.+ Media rúbricas T.I.)] /2. Levarase a cabo un redondeo da cualificación e este será á alza cando o decimal é superir a 5 ou á baixa cando o decimal sexa menor de 5. A avaliación considerarase aprobada cando se obtén 5 ou máis. Concretamos que a construción da nota da avaliación a recuperar establécese cos instrumentos da recuperación. Todo o traballo será guiado polo docente e este estará en disposición de realizar as aclaracións e correcións que sexan pertinentes para promover unha recuperación positiva. No caso de que non se recupere a avaliación, o alumnado poderá someterse a outra recuperación cando o docente o considere pertinente consistente na realización dun exame escrito puntuado nunha escala de 1 a 10 e sobre as preguntas mandadas realizar polo/a profesor/a no inicio do plan de recuperación, non tendo que presentar o traballo se este xa foi entregado e valorado positivamente, en caso contrario, si debe, adxuntalo de novo.