Aperçu des sections
Généralités
Premio 2021
Enlaces de prensa sobre o Premio Muller Científica 2021
https://www.farodevigo.es/comarcas/2021/01/27/investigadora-elena-ojea-premio-muller-31426068.html
https://telemarinas.com/la-nigranesa-elena-ojea-fernandez-colmeiro-premio-muller-cientifica-2021/
https://valminortv.com/2021/01/26/a-nigranesa-elena-ojea-premio-muller-cientifica-do-ies-val-minor/
Premio 2020
Multimedia sobre a entrega do Premio Muller Científica 2020 a Ana Ulla Miguel que inclúe o vídeo do acto, unha presentación de imaxes e os enlaces á repercusión desta na prensa e na páxina da Consellería de Educación.
Premio 2019
O centro educativo culmina a celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa entrega do premio Muller Científica IES Val Miñor. A persoa galardoada este ano 2019 é dona Iria González Vasconcellos. Formada nas aulas do IES Val Miñor, estudou Bioloxía na Universidade de Santiago e posteriormente no University College de Londres onde obtivo o Master of Science.
No ano 2007 ingresa no Helmholtz Center de Munich, Alemaña, onde realiza a súa tese de doutoramento que defende no ano 2011. A partir deste ano de 2011, e primeiro no propio Helmholtz Center e posteriormente no Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña, ligado ao SERGAS, comeza seu traballo como investigadora postdoctoral no que lidera dous proxectos europeos sobre radiación e carcinoxénese.
No ano 2018 trasládase ao Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa do CSIC como persoal docente e investigador da Universidade Autónoma de Madrid ao ser seleccionada como integrante do Programa Estatal de Promoción do Talento e a súa Empregabilidade en I+D+I, máis coñecido como Programa Juan de la Cierva.
Desde que rematou a súa formación como bióloga na Universidade de Santiago no ano 2005, o seu traballo como investigadora está reflectido en numerosas publicacións científicas como investigadora principal ou acompañante, e sempre estivo centrado na inestabilidade xenómica e dos telómeros, a radiación, e os procesos carcinoxenéticos.
Premio 2018
Faro de Vigo: África González recibe con orgullo o premio do IES Val Miñor
Actualmente é a presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e catedrática da Universidade de Vigo, onde tamén dirixe o Centro de Investigación Biomédica. Ademais da súa carreira investigadora, África González destaca tamén na súa faceta emprendedora como cofundadora de Nanoimmunotech, unha compañía que actualmente desenvolve nanopartículas e produtos de diagnóstico para farmacéuticas e empresas biotecnolóxicas de 45 países. Recentemente, foi incluída entre as 12 finalistas dos premios europeos ás mulleres innovadoras que concede a Comisión Europea.