Noticias do sitio

Actualización da aula virtual do centro a Moodle 3.9.15+

Actualización da aula virtual do centro a Moodle 3.9.15+

por admin admin -
Número de respostas: 0

Dende a Consellería comunican o seguinte:

********************************************

Estimado/a director/a:

O próximo xoves 28 de xullo de 2022 ás 8:00 horas comezaremos un proceso de actualización das aulas virtuais no proxecto Webs Dinámicas á versión 3.9.15+ de Moodle. Actualizaremos ademáis algúns dos engadidos instalados.

Estimamos que este proceso terá unha duración aproximada de 10 horas.

Para que este proceso de actualización non se vexa afectado polo acceso dos usuarios á aula virtual, esta permanecerá fóra de servizo ata a finalización do mesmo. A páxina web e a galería de imaxes permanecerán dispoñibles en todo momento.

Este proceso de actualización non afecta ao contido actual da aula virtual. Mantéñense os usuarios, as categorías de cursos, os cursos, os contidos e actividades, a matriculación, o traballo do alumnado, as cualificacións, etc.

Para calquera dúbida ao respecto desta actualización non dubiden en poñerse en contacto co seu asesor/a Abalar de zona ou no correo websdinamicas@edu.xunta.gal

Prégolle faga chegar este aviso ao profesorado do seu centro.

Os equipos da Xerencia de Proxectos de Educación e da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) son conscientes de que este corte xerará trastornos polo que agradecen de antemán a súa comprensión e colaboración.

-----------
Xerencia de Proxectos de Educación
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Proxecto Webs Dinámicas

********************************************