Noticias do sitio

Actualización a Moodle 3.9.11 + Engadidos

Actualización a Moodle 3.9.11 + Engadidos

por admin admin -
Número de respostas: 0

O luns 27 de decembro de 2021 enviouse un correo dende a AMTEGA onde se comunicaba (cítase textualmente):

 "Actualizaronse ademáis algúns dos engadidos xa instalados e instalamos os seguintes novos engadidos:

 - Módulo de actividade Taboleiro - https://moodle.org/plugins/mod_board - que permite a creación dun taboleiro colaborativo entre o alumnado do curso.
 - Módulo de actividade Creación de preguntas - https://moodle.org/plugins/mod_qcreate/ - que permite crear unha actividade na que o alumnado ten que crear preguntas para o banco de preguntas do curso.
 - Bloque MRBS (Meeting Room Booking System) - https://moodle.org/plugins/block_mrbs - que pode utilizarse para a reserva de espazos físicos nos centros.
 - Comportamento de preguntas: Adaptive question behaviour for multi-part questions - https://moodle.org/plugins/qbehaviour_adaptivemultipart - que permite definir preguntas matemáticas con varias partes.
 - Tipo de preguntas: Formulas - https://moodle.org/plugins/qtype_formulas
 - Tipo de pregunta Freehand drawing (ETH) - https://moodle.org/plugins/qtype_drawing - que permite crear preguntas no banco de preguntas dun curso nas que o alumnado ten que facer un debuxo directamente no ordenador.
 - Utilidade para fusionar usuarios - https://moodle.org/plugins/tool_mergeusers - que permite fusionar dúas contas de usuario en unha soa delas."

 

O responsable TIC