Noticias do sitio

BigBlueButton: Videoconferencia dentro dun curso da aula virtual

BigBlueButton: Videoconferencia dentro dun curso da aula virtual

por admin admin -
Número de respostas: 0

BigBlueButton é unha nova ferramenta que dende a Consellería activaron na AV do noso centro. O seu uso básico é moi sinxelo pois está integrada coma unha actividade dentro de cada curso, polo que para poder insertala teremos que seguir os seguintes pasos:

- Facer clic no botón "Activar a edición" do curso onde imos utilizar BigBlueButton.

- Facer clic en "Engadir unha actividade ou recurso" no panel que a vai conter.

- Na ventana desplegable que se mostra escoller a actividade BigBlueButton.

- Cubrindo o campo "Nome da aula virtual" e pulsando o botón de "Gardar e volver ao curso" ou "Gardar e presentar" xa estaría.

Seguindo estes pasos teriamos dispoñible un servizo de videoconferencia para poder comunicarnos co alumnado do curso no que insertamos BigBlueButton (cunha configuración mínima). Se desexamos ter algún aspecto extra teriamos que mirar o resto de parámetros de configuración.