Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de comunicación interna e externa da empresa, que abrangue aspectos como:
– Desenvolvemento de tarefas relacionadas coa comunicación interna e externa, e os fluxos de información interdepartamentais.
– Desenvolvemento de habilidades sociais na comunicación con persoal empregado e clientela na comunicación oral e escrita.
– Procesos de recepción, rexistro, distribución e recuperación da información dentro da empresa.
– Procedementos de xestión de queixas e servizo posvenda.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en todas as áreas e os departamentos de pequenas, medianas e grandes empresas de calquera sector de actividade.
A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), g),
n) e s) do ciclo formativo, e as competencias a), b), c), d), e) e p).
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:
– Análise e aplicación de técnicas de comunicación oral e escrita.
– Coñecemento e manexo dos principios que rexen as habilidades sociais na empresa.
– Técnicas de confección e rexistro da información e a documentación da empresa, utilizando as aplicacións informáticas máis avanzadas.
– Análise dos principios e das tendencias na atención de queixas e no desenvolvemento do servizo posvenda nas organizacións.
– Coñecemento e valoración da responsabilidade social corporativa das organizacións e a súa incidencia na imaxe destas.

Este curso coresponde ao módulo de Ofimática e procesos de información incluido no curriculo do  Ciclo superior de Administración e Finanzas.

Entre os  obxectivos do curso se propoñen:

  • Acompañar a sesións presenciais sin substituilas.
  • Porfolio de apuntes e información sobre a materia
  • Organizar as tarefas a realizar presencial ou telemáticamente
  • Foro de consultas e información entre alumnado e profesora e entre o alumnado