Xeral
PUBLICADOS BOLETÍNS DO SEGUNDO TRIMESTRE
Benvidas/os á Aula Virtual para materias pendentes de matemáticas no IES Sofía Casanova. Aquí teredes acceso ás fichas semanais (5 cada trimestre) que vos axudarán a preparar a materia e bonificarán a nota que obteñades nos exames. O seguimento das fichas o faredes co voso profesor de referencia. Algo antes da finalización de cada trimestre, realizaredes unha proba escrita de natureza moi similar a estas fichas.
Lembrade non deixar para o último día o traballo, e facer as entregas adecuadamente, con puntualidade e constancia durante todo o curso. As entregas ben feitas e puntualmente entregadas poden bonificar ata 2 puntos, polo que se facilita moito o aprobado, non desaproveitedes a oportunidade. Tedes a información concreta e formal sobre avaliación e outras cuestións no documento que aparece xusto debaixo deste texto.
IMPORTANTE: PARA APROBAR O CURSO É NECESARIO APROBAR TODOS OS TRIMESTRES. AS FICHAS BONIFICAN ATA 2 PUNTOS (ENTREGANDO TODO BEN E A TEMPO). NON FACELAS SUPÓN TEN QUE SACAR UN 5 OU MÁIS NO EXAME. FACELAS PERMITE APRENDER E PRACTICAR OS CONTIDOS PARA APROBAR.
Moito ánimo e a limpar esa pendente!