Skip to Content

Localización

Onde estamos

LOCALIZACIÓN

O IES Sección de Sobradelo-Carballeda: “Escola Técnica de Colocadores de Pizarra”, está situado no val do Sil, as aforas de Sobradelo de Valdeorras, Concello de Carballeda de Valdeorras.

Limita ao norte co mesmo río Sil, ao este co centro educativo CPI Tomás Terrón Mendaña, cos  límites do Concello de O Barco de Valdeorras ao leste,  ao sur coa carretera N-536 .

Atópase no trazado da antiga N-120, que une Galicia coa Meseta, e o ferrocarril de Palencia a A Coruña.

 

Neste concello de Carballeda atópanse a maioria das empresas produtoras  de lousa, que proporcionan traballo a unha gran parte da poboación e atrae traballadores doutras zoas de Galicia, de España e mesmo do estranxeiro, sendo o motor económico da Bisbarra e ocupando a nivel estatal o terceiro lugar en canto a produción e exportacións.

Tan só a 7 km da vila de O Barco de Valdeorras que con máis de 14000 habitantes conta con Hospital Comarcal, Xulgados, Facenda, delegacións de Presidencia, entidades bancarias, hostelería e comercio en xeral, sendo  o eixe vertebrador da vida da comarca valdeorresa.

Distribuir contido


by Dr. Radut