Skip to Content

Historia

Historia do centro

HISTORIA DO CENTRO
 

No ano 1990, iniciou a súa andaina o IES Sección de FP: “Escola Técnica Profesional de Colocadores de Pizarra”, que formaba traballadores especializados en colocación de pizarra, concedendo ata o 2012 o título de “TÉCNICO AUXILIAR DE CUBRICIÓN DE EDIFICIOS, ESPECIALIDADE LOUSA”. É de destacar a inmediata aceptación do título entre o estudantado e o alto grao de inserción laboral acadado entre os graduados, moi demandados polas empresas do sector.

 A modificación das leis educativas impuxo o cambio de ensinanzas para IES Sección Sobradelo-Carballeda, pasando a ofertar a partir do dito ano 2012 o CICLO MEDIO DE TÉCNICO EN CONSTRUCIÓN, cunha duración de 2000 horas, pertencente á rama de Construción e incluido na Familia Profesional de Edificación e Obra Civil, regulado polo Decreto 124/2013. As ensinanzas educativas impártese en réxime modular, para persoas adultas, de xeito presencial en horario de mañá.

As empresas da zona seguen a demandar a capacitación profesional de Xefe/a de equipo de albaneis de cubricións que garante este ciclo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut