Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Probas libres da ESO. Convocatoria setembro. Publicación das listaxes definitivas de admitidos (validacións e exencións)

  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos coas validacións e exencións de lingua galega: venres 21 de xullo de 2023. Poderá consultarse no taboleiro do centro.
  • A publicación das listas de alumnado distribuído por tribunal e sede da realización da proba publicarase antes do 18 de agosto de 2023.
  • As probas celebraranse, en sesións de mañá e tarde, o día 1 de setembro de 2023 (convocatoria extraordinaria).
  • sesión da mañá terá dúas partes:

Horario lectivo - Curso 2023-2024

Comunicamos que unha vez finalizado o protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19 no ámbito educativo o horario lectivo para o curso 2023-2024 será o que segue:

Probas libres da ESO. Convocatoria setembro. Publicación das listaxes provisionais de admitidos (con validacións, exencións e causas de exclusión)

  • Publicación no taboleiro do centro da listaxe provisional admitidos, excluídos e exentos de lingua galega: venres 14 de xullo.
  • Prazo de reclamación á listaxe provisional: 17, 18 e 19 de xullo.
  • Publicación listaxe definitiva admitidos, excluídos e exentos de lingua galega: venres 21 de xullo.

 

Comisións delegadas e horarios ABAU 2023 - Extraordinaria

Publícanse as comisións delegadas (lugares de realización das probas para cada centro) e os horarios da ABAU 2023 para a convocatoria extraordinaria.

É moi importante que todo o alumnado que se presente ás probas ABAU 2023 na convocatoria extraordinaria revise a súa matrícula en Nerta.

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023. Acceso á convocatoria prema AQUÍ

Libros de texto - Curso 2023-2024

En documento adxunto publícase a relación de libros de texto para o curso 2023-2024.

Enderezo electrónico de consulta: ies.santairene@edu.xunta.gal

Teléfono: 986 23 37 99

Horario de atención ao público durante os meses de xullo e agosto 2023

Horario de atención ao público durante os meses de xullo e agosto 2023

Apertura do prazo de matrícula para a convocatoria extraordinaria das Probas libres para a obtención do título da ESO (setembro)

RESOLUCIÓN do 27 xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A)

O prazo de presentación de solicitudes será do 3 ao 10 de xullo para a convocatoria de setembro.

Resultados das probas ABAU 2023

Parabéns ao alumnado de 2º de bacharelato do IES Santa Irene polos excelentes resultados obtidos na convocatoria ordinaria das probas ABAU 2023

Cualificacións finais convocatoria extraordinaria Bacharelato (Diúrno)

1º BACHARELATO

ENTREGA DE NOTAS

As cualificacións correspondentes á convocatoria final extraordinaria para os grupos de 1º Bacharelato publicaranse en ABALAR o xoves, día 22 de xuño, ás 20:00 h. Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a o luns, día 26 de xuño, ás 13:00 h.

PERÍODO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓNS



by Dr. Radut