Skip to Content

Retos, obxectivos e actitudes no novo plan de convivencia e benestar emocional do centro

O IES Santa Irene traballa na actualidade na actualización e renovación do seu Plan de Convivencia e Benestar Emocional, integrando neste os recursos necesarios para que os procesos educativos en materia de convivencia escolar e coeducación muden ao ritmo das necesidades sociais, apostando por un cambio de paradigma da xestión da convivencia.

Proporcionará un marco estratéxico de actuación que permita mellorar os seus Plans de Convivencia e benestar e adecualos á innovación e a investigación en materia de convivencia escolar e coeducación.

O Plan de Convivencia e Benestar do IES Santa Irene concretarase arredor de 4 eixes:

  • Avance da convivencia positiva como estilo educativo de centro.
  • Impulso da formación integral da comunidade educativa para o exercicio dunha cidadanía dixital, ética, segura e responsable. (Na comunidade educativa formamos parte o alumnado, profesorado, familias e persoal non docente do centro)
  • Fomento da competencia emocional na comunidade educativa.
  • Reforzo dunha convivencia equitativa, inclusiva e con perspectiva de xénero.

Para abordar estas prioridades requírense accións coordinadas que actúen sobre alumnado, profesorado e familias.

OS RETOS DO PLAN DE CONVIVENCIA DO IES SANTA IRENE
O paradigma da non-violencia é o único que nos permite progresar como sociedade, cooperar, mudar dificultades por oportunidades e respectar os dereitos das persoas.

  • Aprender a resolver conflitos, garantir a seguridade e vivir en paz constitúe un desafío social e educativo. Con estas premisas, e seguindo a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025  O IES Santa Irene proponse os seguintes retos:
  • Consolidar a convivencia positiva nas aulas, que garanta os dereitos e a dignidade de todas e cada unha das persoas baixo un paraugas de respecto e equidade. Aprender a vivir xuntos é un dos piares da educación do século XXI polo que a escola debe establecerse como un contexto de igualdade e cooperación.
  • Desenvolver unha planificación baseada nos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS, 2030) sempre adaptada á innovación educativa en materia de convivencia escolar.
  • Potenciar a consideración do alumnado como o eixe central das nosas actuacións para incrementar o seu compromiso, a súa conexión, participación e implicación no seu proceso de ensino-aprendizaxe.
  • Avanzar cara a unha perspectiva ecolóxica da convivencia, partindo do desenvolvemento humano como unha rede de interaccións que debemos considerar e sobre as que intervir para acadar con éxito os logros marcados. A coordinación, a colaboración e o traballo en rede serán piares fundamentais desta perspectiva.
  • Loitar contra o acoso escolar e o ciberacoso entendendo estes como fenómenos interrelacionados, reforzando as ferramentas de prevención, provención e detección, así como o seguimento individualizado do alumnado. A tolerancia cero cara ao acoso escolar e o ciberacoso debe ser a mensaxe firme a transmitir por todas as persoas que forman parte da comunidade educativa.
  • Transmitir a tolerancia cero contra a violencia de xénero e a LGTBIfobia co fin de acadar que o noso centro educativos sexa un espazo seguro e que transmita a mensaxe de constituír un lugar de acollida para todo o alumnado no conxunto da súa diversidade.
  • Poñer en marcha programas de innovación educativa que reforcen os principios da coeducación e que actúen na transformación social da comunidade educativa impulsando un cambio que favoreza a construción dunha cidadanía democrática, solidaria, tolerante e igualitaria que sexa quen de superar calquera tipo de discriminación. Potenciaremos a interdisciplinaridade entre os distintos departamentos didácticos
  • Impulsar a cultura da provención que asuma o conflito como oportunidade e a convivencia escolar como medio para a transformación e mellora persoal e social.
  • Avanzar en consonancia á transformación dixital e aos espazos emerxentes de convivencia e relación social. Resulta preciso formar persoas con competencias para iniciar e manter relacións sas en contornas dixitais (ciberconvivencia) e para exercer de forma responsable e crítica a cidadanía dixital.
  • Dotar á comunidade educativa de estratexias e recursos que contribúan ao coidado do equilibrio e benestar emocional dentro dunha contorna participativa, de comunicación e apoio.
  • Especializar as accións de formación permanente no ámbito do benestar emocional, a convivencia e a coeducación.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Obxectivos específicos do noso Plan de Convivencia os que se describen a continuación:

  • Difundir na comunidade educativa do IES Santa Irene a existencia dun Plan de Convivencia.
  • Impulsar a Comisión de Convivencia como órgano encargado de velar polo cumprimento, seguimento e avaliación do PEC.
  • Potenciar o PAT como instrumento para desenvolver o PEC.
  • Potenciar as titorías (organizando actividades preventivas dos conflitos) e a xunta de delegados como órganos para o análise da convivencia.
  • Mellorar o autoconcepto do alumnado.
  • Facer da aula de convivencia un lugar para a reflexión e a resolución pacífica de conflitos.
  • Desenvolver actitudes positivas e de responsabilidade persoal: que o alumnado coñeza os seus dereitos básicos como persoas que interaccionan e saiban defendelos asertivamente.
  • Introducir a figura do mediador na resolución pacífica de conflitos (continuar co funcionamento da mediación).
  • Dialogar e traballar en situacións de interacción entre iguais, utilizando as normas sociais básicas. Que o alumnado sexa capaz de presentarse a si mesmo ou a outras persoas, poder inciar unha conversa con certa facilidade e identificar as distintas formas de facer amigos.
  • Tolerar, respectar e valoras as diferenzas individuais: que o alumnado sexa capaz de diferenciar os distintos tipos de comportamentos analizando as consecuencias de cada un deles, reflexionar sobre o seu propio comportamento e elixir actuar de xeito asertivo.
  • Facilitar a formación do profesorado na prevención, detección temperá e resolución de conflitos, especialmente nos de acoso.
  • Unificar, a través do establecemento de protocolos, criterios e estratexias na actuación e resolución de conflitos.
  • Fomentar valores democráticos e comportamentos solidarios e empáticos para a aceptación e cumprimento das normas así como do respecto á diversidade e igualdade entre homes e mulleres.
  • Ofrecerlle ao alumnado as formas adecuadas para resolver conflitos: diferencias os distintos roles que se poden dar dentro dun grupo e analizar os conflitos que estes poden producit na dinámica grupal par poder resolvelos positivamente, recoñecendo a presión que pode exercer o grupo en distintas situacións e desenvolvendo estratexias para responder a esta presión.
  • Que o alumnado valore a cooperación por enriba da competición ou o individualismo, para resolver problemas e como forma de traballo habitual.
  • Que o alumnado teña suficiente capacidade para tomar decisións importantes, baseadas na reflexión e na crítica e identificando os influxos que poden afectar as súas decisións.
  • Fomentar e facilitar a participación de toda a comunidade educativa e, especialmente, das familias na convivencia do centro para que os valores transmitidos sexan postos en práctica no centro, no seo das familias e en calquera ámbito da sociedade.
  • Incrementar e consolidar as relacións con institucións que contribúan a unha mellora da convivencia.
  • Establecer protocolos de benvida ao novo alumnado.
  • Acadar a integración de todo o alumnado sen discriminación por razón de procedencia, sexo, raza, idade, promovendo a igualdade.
  • Crear e fomentar nexos de unión para todo o alumnado do centro fomentando actividades integradoras como poden ser as actividades escolares, dos distintos departamentos,i nterdisciplinares, actividades Biblioteca, Orientación, Convivencia, Vicedirección (xedrez), Actividades de recreo etc. Incluimos as actividades extraescolares que se desenvolven no centro (dando importancia ao grupo de teatro Spasmo) actividades deportivas. As actividades están abertas para todo o alumnado, especialmente para a inclusión do alumnado con NEE na convivencia do centro.
  • Promover, organizar e desenvolver actuacións relativas ao fomento da convivencia.
  • Adaptar os currículos ás necesidades do alumnado, pretendendo a participación activa do mesmo dentro dun estilo educativo respectuoso e positivo, priorizando a educación en valores.
  • Aproveitar as diversas situacións que se poidan producir para que o centro se transforme nun espazo aberto para o diálogo.
  • Concienciar a todos os membros da comunidade educativa da importancia da súa implicación para acadar obxectivos académicos e un clima de convivencia favorable e axeitado.
  • Dirección, Orientación, departamentos e convicencia, facilitará aos órganos de goberno e ao profesorado instrumentos e recursos en relación coa prevención da violencia e a mellora da convivencia no centro.
  • Fomentar no centro educativo os valores, as actitudes e as prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas e avanzar no respecto á diversidade e no fomento da igualdade entre homes e mulleres.
  • Facilitar a prevención, a detección, o tratamento, o seguimento, a xestión e a resolución dos conflitos que se poidan producir no centro e aprender a utilizalos como fonte de experiencia e aprendizaxe.
  • Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións de violencia, especialmente do acoso escolar, da violencia de xénero e das actitudes e comportamentos xenófobos e racistas. Ç
  • Facilitar a conciliación ou a mediación para a resolución pacífica dos conflitos.
  • Contribuír desde o ámbito da convivencia á adquisición das competencias básicas, particularmente das competencias social e cidadá e para a autonomía e iniciativa persoal.
  • Fomentar e facilitar a participación, a comunicación e a cooperación das familias no mantemento da convivencia no centro.
  • Establecer, incrementar e consolidar as relacións con entidades e institucións do contorno que contribúan á construción de comunidades educadoras e a unha convivencia de calidade que potencie os dereitos e as liberdades fundamentais.

ACTITUDES

  • Asunción por parte de todos/as os membros da comunidade educativa de que a convivencia é unha tarefa colectiva.
  • Tolerancia e respecto á dignidade e igualdade de todas as persoas, independentemente da súa condición, sexo, orientación sexual, identidade de xénero, relixión, cultura, raza, nacionalidade, ideoloxía... e rexeitamento de calquera tipo de discriminación.
  • Respecto e cumprimento das normas de convivencia do centro; e coidado no uso das dependencias e o material.
  • Concienciación de que estamos suxeitos a dereitos e deberes; e de que existen límites que hai que respectar.
  • Recoñecemento e aceptación da existencia de conflitos interpersoais e grupais. Valoración do diálogo como instrumento de resolución destes.
  • Romper o silencio cómplice que adoita establecerse en torno ás agresións e condutas disruptivas, aprendendo a denunciar situacións de acoso, maltrato, intimidación, discriminación e inxustiza.
  • Mellora do autocontrol, autovaloración e auto superación.

 



story | by Dr. Radut