Skip to Content

DATA, HORA E LUGAR PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS LIBRES (ESO) Convocatoria 1 setembro 2023. Información importante.

As probas celebraranse no IES Politécnico (Rúa do Conde de Torrecedeira, 88), en sesións de mañá e tarde, o día 1 de setembro de 2023 (convocatoria extraordinaria).

  Data de celebración: Venres, 1 de setembro de 2023

  Lugar de celebración: IES Politécnico (Rúa do Conde Torrecedeira, 88 – Vigo)

  Horario de acceso ao exame: será 15 minutos antes de cada proba.

Hora comezo da proba

Hora remate da proba

Ámbito

Duración

Observacións

    09:30

    12:00

   Científico         

   tecnolóxico

   150 min.

O alumnado poderá utilizar unha calculadora non programable*

   12:15

    13:15

   Social

    60 min.

 

   16:00

    19:00

   Comunicación

   180 min.

O alumnado poderá utilizar as follas previstas no caderno da proba para elaborar os borradores das redaccións. Os textos definitivos deberán escribilos na folla de respostas correspondente.

 

 

 

 

Unha vez resolta cada proba que será de respostas pechadas, trasladarán as opcións elixidas a unha folla de respostas. Entregarán esta xunto co protocolo de exame.

*Está prohibido: Uso de teléfonos móbiles, calquera dispositivo electrónico, uso de calculadoras programables nin aquelas que permitan a resolución de ecuacións ou almacenaxe de datos alfanuméricos, uso de reloxos intelixentes.

O uso de calquera deles excluirá ao alumnado do ámbito, sendo cualificado cun 0.

Todo o alumnado deberá:

-        Ter o DNI/NIE/Pasaporte enriba da mesa.

-        Empregar bolígrado azul/negro.

-        Sentarse sempre no mesmo posto.

-        Ser puntual para acceder á aula de exames.

-        Permanecer na aula 20 minutos antes de entregar o exame.

Máis información: Artigo publicado nesta páxina web o 19 de agosto



story | by Dr. Radut