Ao longo deste curso participaremos no plan DEPOEMPRENDE da Deputación de Pontevedra, dende onde nos titorizarán cara á realización dunha cooperativa do Grupo-clase. Esta tratará de acadar financiación para a posta no mercado dun producto ou servizo  ao longo do terceiro trimestre para así recuperar o investimento inicial e producir beneficios. Non hai trampa nin cartón, todo real, sen concesións. Seremos capaces de realizar un traballo suficiente como para sobrevivir ao mercado? Imos aló.