FIN DE CURSO
O curso rematará o venres 21 de xuño ás 15:00.
ENTREGA DE NOTAS:
A entrega de notas será o mércores 26 de xuño ás 10:00h.
PERIODO DE RECLAMACIÓNS:
O periodo de reclamacións comprenderá os días 26 e 27 de xuño.
ORDENADORES E-DIXGAL:
O alumnado que no próximo curso 2024/25 non vaia permanecer no centro nun grupo E-Dixgal deberá entregar os seus equipos en perfectas condicións e cos seus correspondentes accesorios: maletín, cargador, e, dependendo do modelo, lapis do equipo.
- Os alumnos/as de 4º ESO A e PDC o día 25 das 10:00 ás 14:00.
- Os alumnos/as de 4º ESO B o día 26 das 10:00 ás 14:00.
En cambio, o alumnado que continúe no proxecto E-Dixgal, poderá dispoñer do equipo durante o período estival.
PERIODO DE MATRÍCULA
O periodo de matrícula abarcará do mércores 26 de xuño ata o 8 de xullo, incluído.