Castelao no arquivo do Instituto de Pontevedra
![]() |
IES Sánchez Cantón - Pontevedra | ![]() |
![]() |
Alfonso D. R. Castelao no arquivo do instituto de Pontevedra
1. Expediente de depuración
2. Reingreso no servizo en 1936
3. Informe de 1939
4. Toma de posesión de deputado nas Cortes
5. Certificado do Consulado de París
6. Certificado do Ministerio de Intrucción Pública
7. Título de Profesor
8. Toma de posesión
9. Toma de posesión
10. Folla de servizos 1
11. Folla de servizos 2
12. Folla de servizos 3
Folla de servizos 4
*****************************************************************************************
CASTELAO, SOBRESALIENTE (anécdota)
Un día de exames libres no Instituto, Castelao, como profesor adxunto, formaba parte do tribunal de debuxo. Cada examinando debía copiar a lámina que, para iso, se lle entregaba. Para matar o tempo, Castelao púxose a andar por entre as mesas, ollando o que facían os rapaces. Alá atrás, illado, na derradeira mesa descubriu un mozo chamado Muíños Adán.
- E ti?... Eu non sabía que te examinabas. Que tal vai iso? Como! Seica non atinas?
- Non.
Castelao tiroulle o lapis da man e, nun chiscar de ollo, fíxolle o debuxo.
- Asínao e preséntao.
Cando se puxeron a cualificar, D. Xosé Castedo, que era o profesor titular, amosándolle o debuxo asinado por Muíños, díxolle a Castelao:
- Mire isto. Que seguridade no trazo!... Coñece o rapaz?
- Non.
- Pois imos darlle sobresaliente.
- Coido que non é para tanto. Non está ben copiado, fáltalle o detalle, só é un esbozo da lámina que tivo por modelo.
- Pois ese é o mérito!
- Ben, o alumno ese non é un neno. Era aquel mozo un pouco calvo que sentou alá no fondo.
- Ah! De seguro debe ser debuxante de Obras Públicas. Vese que ten oficio… Pois nada, sobresaliente.
- Home, abondaría con notable.
- Dende cando se fixo tacaño? Sempre se estarrica e quere pór a todos máis da conta e a este, que é verdadeiramente bo, quere rebaixalo… Pois se cadra –espetoulle o titular con desusada sorna nel- aínda chega a pórselle á par ou a supéralo a vostede.
- Mellor non coido; igual xa o é. Diso teño a seguranza.
E na papeleta de Muíños Adán, Castelao puxo, todo con letras maiúsculas: SOBRESALIENTE
-NÚÑEZ BÚA, XOSÉ (1999). Revoeira. Ir Indo, Vigo. páxs. 23-24
*****************************************************************************************************
Autores do Día das Letras Galegas relacionados co Instituto e dos que temos datos no arquivo do Sánchez Cantón:
- Alfonso D. R. Castelao (Días das Letras Galegas 1964). Profesor.
- Luís Amado Carballo (Días das Letras Galegas 1982). Alumno.
- Antón Losada Diéguez (Días das Letras Galegas 1985). Profesor.
- Aquilino Iglesia Alvariño (Días das Letras Galegas 1986). Profesor.
- Fermín Bouza Brey (Días das Letras Galeas 1992). Alumno.
- Valentín Paz Andrade (Días das Letras Galegas 2012). Alumno.
- Xosé Filgueira Valverde (Días das Letras Galegas 2015). Profesor e alumno.
- Antón Fraguas (Días das Letras Galegas 2019). Alumno.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |