Espazo virtual do departamento de Orientación. Os cursos engadidos están a disposición de toda a comunidade educativa do IES Salvador de Madariaga. Estos cursos teñen unha finalidade de información xeral. Calquera dúbida debe ser consultada directamente coa xefatura do dpto de orientación. Inicie sesión como covidad@ coa contrasinal "convidad@".

Presentamos aquí os concetos básicos que enmarcan a atención á diversidade na Orde de 8 de setembro de 2021. Destacan, entre outros, as definicións de alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) o alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) e os principios que guían as actuacións educativas no IES Salvador de Madariaga.

Engadimos aquí outros protocolos da Xunta de Galicia que abordan temas que poden presentarse no contexto educativo.

Engádense aquí outros protocolos elaborados pla Consellería de Educación que abordan diversos temas de interese para a comunidade educativa.

O Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia dispón que por atención á diversidade no sistema educativo hai que entender o conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e preferencias de aprendizaxe, motivacións e intereses, e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.

Presentamos aquí os enlaces aos protocolos elaborados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a atenciòn educativa de diferentes colectivos de alumnado con NEE ou NEAE. 

Recollemos un resumo de cada unha medidas ordinarias de atención á diversidade contempladas na Orde de 8 de setembro de 2021. As medidas de atención á diversidade (MAD) son actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas de todo o alumnado do IES. Son medidas ordinarias de atención á diversidade todas aquelas que faciliten a adecuación do currículo prescritivo, sen alteración significativa dos seus obxectivos, dos contidos nin dos criterios de avaliación, ao contexto sociocultural do centros docente e ás características do alumnado /art.42). Da súa definición dedúcese que todas elas poden e deben ser empregadas no IES Salvador de Madariaga cada curso educativo para atender á diversidade de todo o alumnado do IES. No plan de atención á diversidade anual (PAD) para cada curso educativo, se recolle esta circunstancia de xeito sistemático. A súa posta en práctica non require de autorizacións por parte do servizo de inspección educativa pero todas elas deben ser informadas ás familias dos alumnos aos que se lle aplican estas medidas

Orde de 8 de setembro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da CCAA de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio de educación. 

Resolución de 26 de maio de 2022 pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI EP, ESO e Bacharelaro no curso académico 22-23.

O artigo 2.4 (liñas xerais para o curso 22-23; servizos de orientación) indica que "os dptos de orientación reforzarán as actuacións dirixidas á identificación das necesidades educativas en coordinación coas persoas titoras, as medidas e os programas para a atención a éstas así como as accións dirixidas ao coidado da comunidade educativa"

Presentamos aquí dúas enquisas para toda a comunidade educativa para detectar posibles indicios de malestar emocional.