O currículo actual establece que o obxectivo fundamental da materia de Lingua Galega e Literatura oriéntase tanto á eficacia comunicativa na produción, recepción e interacción oral, escrita e multimodal, como a favorecer un uso ético da linguaxe que poña as palabras ao servizo da convivencia democrática, a resolución dialogada dos conflitos e a construción de vínculos persoais e sociais baseados no respecto e a igualdade de dereitos de todas as persoas.

Que quere dicir isto? Que temos que traballar a práctica da lingua oral e escrita para mellorar a nosa comunicación e para construír unha sociedade desde o respecto e a igualdade entre as persoas, coa ferramenta esencial da palabra. Non está mal! Avante!